Noticias
© CDR O Viso | 14/02/2024 | Aspronaga 8
Un ano máis os de Aspronaga de A Coruña no noso Entroido
Normalización, autonomía e integración social
14/02/2024 | Lodoselo
Un ano máis, xa é case unha tradición, un grupo de Aspronaga de A Coruña veu pasar os días grandes do entroido ó albergue do Pobo-escola, en Lodoselo. Sábado, domingo, luns e martes. E non pararon un momento. Ó seu ritmo, pero tamén viven o entroido non só en Lodoselo; tamén participan no de Xinzo, en Laza, en Verín e no de Sarreaus.
Sempre agradecidas/os coa xente de aquí, educadoras/es, cociñeiras dos que se lembran e polos que preguntan; tamén para nós é fascinante acollelos e compartir algúns momentos deste días. Moitísimas grazas a Marina, a Iolanda, a Carolina, a Sonia e a Laura, o Víctor, o Eric, o Benjamín, o Eloi, O Rober... a todas e todos os que nos posibilitades este profundo cambio de mirada. Lembrarnos que somos tan interdependentes e ó tempo significar o darmos moitos pequenos pasiños, conseguir facelo.
Grazas por facernos máis conscientes. É unha honra compartir convosco uns tempos, espazos e recursos que se valorizan coa vosa presenza: a casa reitoral, o campiño, a horta e os animais, o xardín sensorial e os xogos populares, o forno... e a veciñanza que dinamiza e comparte ese espírito entroideiro. Graciñas. E, para o ano, máis e mellor!
ASPRONAGA (Asociación de Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia) é unha entidade benéfica e de Utilidade Pública que agrupa ás nais, pais e familiares de persoas con discapacidade intelectual. O seu fin último é acadar unha maior e mellor calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e está inspirado nos principios de normalización, autonomía e integración social. Forma parte do movemento asociativo articulado en Galicia pola Federación Galega (FADEMGA) e, no ámbito estatal pola Confederación Española (FEAPS).

Arquivada en:
Infórmate > Noticias