Accesibilidad

Axenda de actividades

© El Camino ESS | 20/11/2023 | Cartel 3 de dic.

É ALDEA, É VIDA: Unha experiencia familiar no rural de Ourense

Unha proposta turística alternativa a través de experiencias de economía social e solidaria

03/12/2023 - 04/12/2023

É ALDEA, É VIDA
Unha experiencia familiar no rural de Ourense
Neste itinerario a familia ao completo gozará visitando o Pobo escola de Lodoselo (Sarreaus), coñecendo e participando na súa proposta educativa e de recuperación do patrimonio cultural e social da comunidade rural da man do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso.
Logo, unha deliciosa comida esperaravos en Vilar de Santos, concretamente na " Arca da Noe". Esta experiencia inclúe a comida con produtos ecolóxicos e de proximidade na taberna e música en directo.
LODOSELO ( 11.00H - 14.15H)
Iniciaremos a nosa aventura no CDR O Viso. Coñeceremos a súa proposta de acompañamento á xente do medio rural da Limia, visitando as instalacións e a vida que hai nelas. A súa vida cotiá, o valor do día a día, das pequenas cousas nas que toda actividade ten un sentido comunitario e ambiental: coidarme, coidarte e coidarnos.
Que faremos?
→ Acompañar e participar nas tarefas de coidado dos animais, como pode ser ir coa burra "Terra" ao monte ou pastorear o pequeno rabaño de ovellas, entre outras das tantas tarefas que levamos a cabo!
→ Explorar no xardín sensitivo a través do xogo. Trátase dun espazo ao redor do Centro de Inclusión para o deleite do espírito e os sentidos; toda unha aventura para ser conscientes e crear consciencia.
ARCA DA NOE (Rúa do Forno, Vilar de Santos, Ourense)
COMIDA - CONCERTO (14.30 H)
Noemí espéravos na "Arca da Noe" para facer que sigamos viaxando, pero esta vez a través do gusto coas súas exquisitas propostas gastronómicas de proximidade. Podedes elixir entre:
a) Hamburguesa de carne de Boi de Allariz con pan do forno tradicional de "Faragullas", queixo de "O Rexo" e marmelada de sabugueiro de "Carabuñas" + bebida
b) Táboa de embutidos variados de "Sabor de Aldea" e queixos de "O Rexo" con marmeladas de sabugueiro de "Carabuñas" e pan de "Faragullas" + bebida.
c) Tostas de Shiitake ecolóxico de Trives con pan do forno de "Faragullas" e queixo (opcional) de "O Rexo" + bebida
As bebidas poden ser: auga, cervexa artesá, zumes ecolóxicos, refrescos ou viño.
Esta taberna é considerada como o epicentro da música e cultura da comarca da Limia polo que para poñer a guinda ao pastel, gozaredes dun concerto en directo.
Desde €15.00 - 20.00
https://experiencias.elcaminoess.com/itinerario/es-aldea-es-vida
“O Camiño ESS”, ten como fin poder contribuír á construción dun novo modelo turístico con base nos valores e principios vinculados á Economía Social e Solidaria (ESS). As iniciativas que formamos parte do proxecto recoñecemos, compartimos e contribuímos a alcanzar os principios de equidade, traballo digno, sustentabilidade ecolóxica, compromiso coa contorna, cooperación e repartición xusto da riqueza.
Lugar de celebración:

A Limia

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades