Noticias
© CDR O Viso | 24/10/2023 |
Somos o que comemos. Somos o que agradecemos
Manola, Puri, Mamen e Sara. Carmen. E Felisa, Juan, Lucita, Joaquina, Rosa, Dolores, Vicente, Miguel, Lula, Elisa, Teresa, Verónica, Gabriel, Pablo, Maruja, Simona, Joana, Eloi, Julia, Ana...
24/10/2023
O 24 de outubro celébrase o Día Internacional contra o Cambio Climático, para alertar á comunidade mundial acerca dos efectos nocivos e devastadores do cambio climático no planeta. Este é un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles máis importante, o número 13: Acción polo Clima.
Nós desde o CDR aproveitamos tamén este día para sinalar outro que se celebrou o día 20: Dia Internacional das cociñeiras/os. Destácase o importante compromiso que teñen coa sociedade e o progreso en materias tan relevantes como a cultura ou a nutrición; tamén porque co seu traballo achegan felicidade ós demais.
Porque sabemos que o alimento é a fonte principal de saúde e benestar; que integrar a cidade e o campo a través do alimento debería ser parte do plan urbanístico. E que talvez deberiamos retirar ós alimentos a categoría de bens de consumo e devolverlles a súa dignidade. Porque ser humano é, dalgunha maneira, recuperar a conexión coa terra. Recoller as sementes, volver sementalas convértenos en parte do ciclo da vida. E o alimento forma parte do tecido da vida: somos parte como cocreadores, coproductores ou como consumidores.

Somos o que comemos. “Que a túa medicina sexa o teu alimento, e o alimento a túa medicina”. Cita de Hipócrates (o pai da medicina) de ao redor do 460 a. C.
Un bo día para felicitar ó equipo de cociña do CDR O Viso. Ó servizo do comedor social-comunitario, no centro ou a domicilio (xanta na casa) que empezou en 1999. Neste momento Manola, Puri, Mamen e Sara co apoio de todas as persoas que compartimos as instalacións, especialmente de Carmen. Pero a cociña do CDR tamén foi Felisa, Juan, Lucita, Joaquina, Rosa, Dolores, Vicente, Miguel, Lula, Elisa, Teresa, Verónica, Gabriel, Pablo, Maruja, Simona, Joana, Eloi, Julia, Ana… Moitísimas grazas. Porque somos o que agradecemos. O agradecemento é a medida da nosa humanidade, lémbranos o “Trasno de Irimia” neste último número. Cada día, cada comida no centro, cada bandexa que se distribúe pola comarca segue sendo o testemuño deste compromiso. O de coidarnos. Porque tamén somos os coidados recibidos.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias