Accesibilidad

Noticias 

© MAP galega | 17/09/2023 | Instalaciones de Daveiga-Galletas Mariñeiras

Último evento da MAP galega dentro do proxecto SHERPA

E visita ás instalacións de Daveiga - Galletas Mariñeiras

17/09/2023 | Chantada

Este pasado venres, 15 de setembro, participamos no último evento da MAP galega dentro do proxecto SHERPA. De momento.
O acto tivo lugar en Chantada. Comezamos nas instalacións de Daveiga-Galletas Mariñeiras. Cun guía de luxo, o Xosé Lois Lamazares (membro da MAP galega) visitamos as instalacións no Polígono Industrial Os Acivros, Parcelas 42, 43, en Chantada; fixemos un percorrido polas instalacións e seguimos atentos as explicacións de todo o proceso.
As Galletas Mariñeiras son unha adaptación moderna do “Pan de Barco ou Biscoito de Barco”, unha solución antiguísima dos mariñeiros para conservar o pan nas longas travesías oceánicas de forma natural. Admirable esta aposta pola economía social e este modelo de xestión empresarial responsable. Responsabilidade con especial incidencia na calidade e seguridade alimentaria, no compromiso co medio e o desenvolvemento local, coa responsabilidade laboral; modelo participativo. Dispoñen dunha superficie útil de máis de 2000 metros cadrados e unha produción de entre 4500-6000 quilos de galletas ó día. Unha empresa referente polo seu sistema Integrado de xestión de calidade, Medioambiente e Seguridade Alimentaria: premio Líder en Calidade no sector agro-industria de Galicia xa no 2012. Cun montón de recoñecementos...   https://daveiga.es/?lang=gl
A continuación tivemos unha reunión breve da MAP nas instalacións de Daveiga  na que fixemos balance do noso traballo en SHERPA, contándonos as nosas experiencias máis significativas e onde falamos das posibles sinerxías en futuras iniciativas. Inmensamente agradecidos pola excelente pilotaxe do equipo da USC coincidimos tamén en facer unha valoración moi positiva porque nos aportou moitísimo e temos o sentimento de termos feito un traballo interesante. Recoñecemos que habendo xente cunha experiencia contrastada tamén faltou xente nova no equipo. Tamén queda a incógnita de se realmente o noso traballo vai ter un impacto real nas políticas que se implementen.
Finalmente tivemos un xantar para festexar a boa compaña e o traballo desenvolvido durante estes anos dentro de SHERPA. E non disolvemos o grupo, quedamos en fase “durminte” con ánimo de retornar á fase activa.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias