Accesibilidad
Infórmate > Noticias 

Noticias 

A auga, un recurso vital
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

06/08/2022 | Lodoselo

A educación ambiental guía do concilia 2022.

1 de 2

Nesta primeira quincena de agosto quixemos saber que significa para as rapazas e rapaces un recurso vital como é a auga. Falamos da cantidade de auga que malgastamos: na fabricación da roupa, para regar, para limpar, na hixiene... E coñecer a problemática que actualmente estamos vivindo dunha forma máis drástica.
Reivindicamos que "A auga é vida, non a malgastes”, elaborando un mural onde nenos e nenas recolleron diferentes accións para que no noso día a día poidamos aforrar e non malgastar auga:
- Fechar as billas cando enxaboamos os pratos, lavamos os dentes ou nos estamos enxaboando na ducha…
- Pór a lavadora e lavalouzas só cando estean cheos.
- Aproveitar a auga da choiva para regar. Aquí na antiga reitoral, sede do Concilia, temos un depósito de 3000 litros que recolle a auga dunha parte do tellado, ó igual que na vivenda comunitaria e outro de 1000 no centro de inclusión.
- Regar nas primeiras e últimas horas do día.
- Tirar da cisterna con precaución, utilizar media medida e non utilizar a cisterna como un cubo do lixo.
Esperamos que nenos e nenas do concilia pensen nos usos que facemos deste recurso natural, pero non só eles e elas senón toda a nosa comunidade.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies