Noticias
© CDR O Viso | 08/03/2017 | Los hombres también lloran
8M: Día da Muller
O CDR O Viso acude ós institutos de Xinzo para diferentes actividades de coeducación e igualdade
08/03/2017
Un ano máis, o 8 de marzo chega para recordar que a igualdade de xénero ten que ser unha prioridade para calquera tipo de sociedade. Xa libre da etiqueta "traballadora", o Día Internacional da Muller lembra que (aínda a día de hoxe e pese os numerosos esforzos en canto a educación, lexislación e demais) a completa equidade está moi lonxe de alcanzarse.
Roles de xénero. Estereotipos. Desigualdade salarial. Desigualdade no propio acceso ó traballo. Violencia machista. A variedade de formas nas que a sociedade nos presenta este desquilibrio segue a ser abundante.
A nosa principal actividade hoxe nos institutos foi a utilización de diferentes stands representativos de algúns dos seus aspectos, para a partir deles falar da actualidade do tema das desigualdades de xénero ou os estereotipos sociais. Unha mañá moi enriquecedora, chea de animadas charlas e debates sobre unha realidade que agardamos algún día esta rapazada deixe atrás.
Quédanvos aquí algunhas imaxes desta mañá de cambio e loita nos institutos de Xinzo de Limia.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias