Noticias
© CDR O Viso | 01/10/2014 | C. Tapicería
Deu comezo o curso de iniciación á tapicería
Un grupo de dez persoas comezou a formarse na iniciación á tapicería
30/09/2014 | Xinzo de Limia
Un grupo de dez persoas comezou a formarse nas técnicas principais e básicas da tapicería co obxectivo de recuperar un oficio do que temos moi poucos artesáns na comarca e que está impartindo -precisamente- un deles.
Este curso está financiado pola Consellería de Traballo e Benestar dentro das subvencións a entidades de iniciativa social, do ano 2014; é unha actividade cofinanciada ademais polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo FSE de Galicia 2007-2013.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias