Infórmate > Noticias 

Noticias 

O logro dun fito
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

23/07/2023 | A Limia

Transformando un desexo en realidade

1 de 4

No proxecto Biocoidados traballamos con unha metodoloxía centrada na persoa que nos leva a descubrir os desexos e inquedanzas de cada unha delas. Nesta liña, procuramos facilitar ferramentas que posibiliten a consecución dos obxectivos reflectidos no seu plan de vida.

Na planificación do traballo con Xiana fixemos fincapé na súa paixón tanto polo deseño como pola pintura e non dubidamos en procurarlle un espazo para a súa expresión artística e acompañala. Durante meses visitounos todos os venres para desfrutar dunha hora de desconexión e fomento da súa creatividade. O resultado foi, entre outros, un deseño magnífico para as camisetas do Concilia de verán que ela mesma entregou aos nenos e nenas esta semana.

A ilusión de Xiana desbordaba e o noso orgullo aínda máis!

Estas actuacións enmárcanse no proxecto BIOCOIDADOS: NOVOS MODELOS DE COIDADO PRESTADOS POLA COMUNIDADE, CENTRADOS NA PERSOA, NAS CONTORNAS RURAIS; está vinculado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da Secretaría de Estado do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU.

 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies