Infórmate > Noticias 

Noticias 

Celebramos o VI encontro educativo de familias
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

21/06/2023 | Lodoselo

Programa de Educación Infantil Familiar na Limia

1 de 9

O venres 16 de xuño organizamos e realizamos, un ano máis, o encontro educativo coas familias participantes durante todo o curso no programa de Educación Infantil Familiar na Limia. Nesta xuntanza participaron arredor de 120 persoas, entre elas familias dos grupos de E.I.F de Xinzo de Limia, Perrelos, Baltar, Sandiás,Vilar de Santos… a maiores participaron os do P.A.I de Sandiás, os da Casa niño de Lodoselo e outras familias.
Compartimos unha fermosa tarde de encontros, de actividade, xogos, maxia, intercambios, sorpresas, reflexións e moitas experiencias en boa compaña rodeados de animais, natureza no pobo de Lodoselo.
Esta actividade é posible grazas o financiamiento obtido da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención destinada a programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0.7 % do imposto sobre a renda de persoas físicas.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies