Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 19/05/2023 | Fain. Orientación en cuidados y salud

Acollida, aceptación incondicional, valoración e consideración positiva, empatía...

Proxecto FAIN (Familia e Infancia)

20/05/2023 | A Limia

Despois de varios meses de andadura do proxecto FAIN (Familia e Infancia) convén facer un alto no camiño, mirar cara atrás, ver o traballo que levamos feito e tomar conciencia, aínda máis se cabe, do servizo que estamos prestando ás familias participantes. Atoparon un certo acougo na nosa acollida, aceptación incondicional, valoración e consideración positiva, empatía... Actitudes que temos interiorizadas e que imos aplicando en cada unha das nosas actividades.
Dentro da carteira de servizos ofertados ás familias participantes, o de “Orientación en coidados e saúde” é un dos servizos máis demandados. O noso benestar depende da saúde física e mental que teñamos, e dende o CDR queremos axudar a conseguir que este benestar sexa máximo.
Por unha banda levamos organizados tres obradoiros grupais de saúde contando con profesionais de diversos ámbitos: Nutrición e Tendencia a enfermidades crónicas con Pablo Vivanco, Saúde Sexual impartido por Quérote+ Ourense, servizo de Xuventude da Xunta de Galicia.
E por outra banda, en canto á saúde mental, a nosa psicóloga clínica comezou no mes de marzo a impartir o servizo de terapia psicolóxica. O 80% das familias do programa participan da terapia ofertada polo CDR “O Viso”, xa que na maioría dos casos non atopan unha atención suficiente nas institucións públicas e o custo que supón nas entidades privadas non está ao alcance de moitos.
O CDR “O Viso” ten un compromiso firme coa saúde integral da comunidade e en especial coa saúde mental, polo que contribuímos a garantir que toda persoa teña acceso á información, atención e acompañamento emocional e psicolóxico.
O Proxecto FAIN desenvólveo a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia en colaboración con entidades de iniciativa social en resposta ó Real Decreto 938/2021 polo que se regula a concesión directa de subvencións do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias