Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 05/04/2023 | Día del Trabajo Social en la UVigo

Respectando a diversidade a través da acción social conxunta

Celebración do día do Traballo Social

05/04/2023

O pasado mércores día 29 de marzo, o noso compañeiro Joel Gómez Coego, Traballador Social do CDR O Viso, participou nunhas xornadas enmarcadas dentro da celebración do Día do Traballo Social (21 de Marzo) que se fixo dende a Universidade de Vigo, no campus de Ourense.
O tema principal desta xuntanza foi o de compartir a visión das migracións e as comunidades interculturais dende unha perspectiva de dereitos, na que participaron tanto alumnado do grao de Traballo Social da Uvigo, como profesionais de diferentes entidades relacionadas co ámbito das migracións.
Agardamos que a experiencia fose enriquecedora para todas as persoas que acudiron ó evento e que, dende o CDR “O Viso” estamos encantados de seguir participando neste tipo de iniciativas, compartir un pouco a esencia da nosa labor social na nosa contorna. Agradecemos moito ás alumnas e profesorado que fixeron posible esta xuntanza, así como á facultade de Traballo e Educación Social por facilitarnos o espazo.
A todas as persoas que desexades coñecer un chisco máis a nosa labor, estaremos encantados de recibirvos e que poidades coñecer máis de preto o traballo da nosa entidade.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias