Accesibilidad

Noticias 

© SHERPA-news-web | 26/02/2023 | SHERPA-web

Gobernanza inclusiva e participativa

Último ciclo da MAP galega

26/02/2023 | Santiago

O pasado venres, 24 de febreiro, reunímonos en Santiago a maioría dos membros da plataforma multiactores. Levamos facéndoo dúas veces ó ano desde o 2020, animados pola USC -como organización responsable da MAP galega- co obxectivo de achegar elementos á Comisión Europea, definindo unha visión a longo prazo para as áreas rurais.
Neste cuarto ciclo do proxecto a temática foi a participación social na gobernanza das áreas rurais; a gobernanza inclusiva e participativa. Con antelación recibimos e respondemos a un cuestionario que recollía o noso grao de acordo sobre as posibilidades de participación social no deseño, aplicación e avaliación das políticas que afectan ás áreas rurais galegas; sobre as posibilidades que algúns tipos de políticas ofrecen á poboación local para participar no deseño, aplicación e avaliación das medidas que nos afectan; sobre o funcionamento real dos mecanismos de participación social; sobre algúns aspectos de cara a mellorar a participación da poboación local; e a posibilidade de achegar outras accións dirixidas a estimular a participación da poboación rural.
No encontro perfectamente estruturado, coma sempre, despois dun breve recordatorio do terceiro ciclo (ano 2022) e mesmo dos anteriores (2020 e 2021) soubemos os datos dos resultados de cada unha das cuestións formuladas e a pesares do importante grado de acordo obtido analizamos cun atento diálogo as principais necesidades e retos relacionados coa participación, as propostas para mellorala, o rol da UE así como as necesidades de coñecemento e investigación...
Rematamos a tarde co recordatorio das próximas actividades: a elaboración do documento final para finais de marzo, a participación na Conferencia final en Bruselas no mes de xuño e mesmo a posibilidade de solicitar a continuidade da MAP galega un ano máis.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias