Infórmate > Noticias 

Noticias 

Xornadas de xogos populares no Centro Penal
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

21/09/2022 | Pereiro de Aguiar

En colaboración coa Fundación Érguete

1 de 7

Dentro das festividades da Mercé, a Fundación Érguete en colaboración co CDR O Viso, promovemos este pasado luns e martes (19 e 20 de setembro) unhas xornadas de xogos (populares, tradicionais, do mundo...) no Centro Penal de Pereiro de Aguiar. Todas as persoas privadas de liberdade dentro do programa Itínere puideron gozar da billarda, o xogo da ra, o lanzamento de boina, os zancos ou as carreiras de sapoconchos, entre outros.

Se dende a Fundación Érguete nos expresaron o seu agradecemento ao Centro de Desenvolvemento Rural O Viso por acompañalos nestas tardes e deixalos gozar deste ben prezado material e o convencemento de que esperamos volver a vernos moi pronto, nós tamén queremos dar as grazas por posibilitarnos contribuír co programa Itínere e compartir estes días momentos inesquecibles; grazas pola acollida, a participación, as risas, a tensión, o esforzo, a paciencia, a concentración, a competición, o relax, a colaboración, o enxeño, a arte...
E grazas a todas e cada unha das persoas participantes pola capacidade de meterse no papel que cada un dos xogos requiría. E pasalo tan ben sendo quen de aportar o mellor de cada un: atención, benquerenza, sentido de grupo, agradecemento, educación... Grazas ó noso rico patrimonio lúdico tradicional, á riqueza que non se posúe senón que se goza, á sinxeleza das cousas da vida. Ó xogo que fai posible tan bos xogadores.

Sen dúbida, unha experiencia para repetir!

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies