Accesibilidad

A nosa historia en hitos

Nos seus anos de existencia o Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”, seguindo a máxima, “O que é necesario é posible e ademais realizable”, foi acadando certos logros co devenir dos anos. A continuación achégase un breve resumo destes fitos alcanzados:

1985

Constitución da Asociación Cultural “O Cruceiro”, precursora da entidade actual.

1990

Constitución do Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso.

1997

Premio "Promoción da Terra 1997”- Irmandade Moncho Valcarce

1998

Apertura do Comedor Social e Comunitario.

2000

Apertura do Centro de Información Xuvenil e Comunitario (actualmente é o único da comunidade autónoma que non pertence a ningún organismo público).

2002

Inauguración da Vivenda Comunitaria “A túa outra casa”.

2010

Declaración de Entidade de Utilidade Pública.

2012

Inauguración do Centro de Día Lodoselo.

Premio ó "Desarrollo Rural  Macario Asenjo Ponce" na categoría Nacional, outorgado pola Fundación do mesmo nome.

2013

Participación no Programa europeo Symbios.

2015

Incorporamos o programa de Educación Infantil Familiar na Limia (que veu facendo ata o 2012 o Preescolar na Casa)

2017

Constituímos unha agrupación de asociacións, a "Asociación Rural Terra e Xente" que aúna a catro entidades sociais que traballamos no medio rural galego: O Centro de Desenvolvemento Rural Ancares, a Asociación Euro Eume, o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas e o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso.

2019

Abre as portas a Casa Niño Lodoselo: incorporamos ó proxecto do CDR este novo programa educativo (etapa 0-3).

2022

Un dos seis proxectos de innovación en materia de prevención da institucionalización,  desinstitucionalización e desenvolvemento de servizos de apoio  comunitarios no ámbito  dos coidados de longa duración,  vinculados  co Plan  de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da D. G. de Diversidade Familiar e Servizos Sociais. (Secretaría de Estado de Dereitos Sociais, Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030), é o noso, de  COCEDER: BIOCOIDADOS: Novos modelos de coidado prestados pola comunidade, centrados na persoa, en contornas rurais (2022-2024). Dezanove CDR de Andalucía, Aragón, Asturias, Galicia, Castela e León, Cataluña e a Comunidade Valenciana, entre os que estamos o CDR O Viso asumimos este novo reto.

2023

Premio AGADER ( Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) ó desenvolvemento rural de Galicia na categoría de interese social; o obxectivo destes premios é recoñecer, por parte do Goberno galego, aquelas iniciativas que contribúen de maneira singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada. https://youtu.be/CmfgOIfQ6zg

 

      Imprimir