Nos seus anos de existencia o Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”, seguindo a máxima, “O que é necesario é posible e ademais realizable”, foi acadando certos logros co devenir dos anos. A continuación achégase un breve resumo destes fitos alcanzados:
1985
Constitución da Asociación Cultural “O Cruceiro”, precursora da entidade actual.
1990
Constitución do Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”.
1997
Premio "Promoción da Terra 1997”- Irmandade Moncho Valcarce
1998
Apertura do Comedor Social e Comunitario.
2000
Apertura do Centro de Información Xuvenil e Comunitario (actualmente é o único da comunidade autónoma que non pertence a ningún organismo público).
2002
Inauguración da Vivenda Comunitaria “A túa outra casa”.
2010
Declaración de Entidade de Utilidade Pública.
2012
Inauguración do Centro de Día Lodoselo.
Premio ó "Desarrollo Rural Macario Asenjo Ponce" na categoría Nacional, outorgado pola Fundación do mesmo nome.
2013
Participación no Programa europeo Symbios.
2015
Incorporamos o programa de Educación Infantil Familiar na Limia (que veu facendo ata o 2012 o Preescolar na Casa)
2017
Constituímos unha agrupación de asociacións, a "Asociación Rural Terra e Xente" que aúna a catro entidades sociais que traballamos no medio rural galego: O Centro de Desenvolvemento Rural Ancares, a Asociación Euro Eume, o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas e o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso.
2019
Abre as portas a Casa Niño Lodoselo: incorporamos ó proxecto do CDR este novo programa educativo (etapa 0-3).
2022
Un dos seis proxectos de innovación en materia de prevención da institucionalización, desinstitucionalización e desenvolvemento de servizos de apoio comunitarios no ámbito dos coidados de longa duración, vinculados co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da D. G. de Diversidade Familiar e Servizos Sociais. (Secretaría de Estado de Dereitos Sociais, Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030), é o noso, de COCEDER: BIOCOIDADOS: Novos modelos de coidado prestados pola comunidade, centrados na persoa, en contornas rurais (2022-2024). Dezanove CDR de Andalucía, Aragón, Asturias, Galicia, Castela e León, Cataluña e a Comunidade Valenciana, entre os que estamos o CDR O Viso asumimos este novo reto.
2023
Premio AGADER ( Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) ó desenvolvemento rural de Galicia na categoría de interese social; o obxectivo destes premios é recoñecer, por parte do Goberno galego, aquelas iniciativas que contribúen de maneira singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada. https://youtu.be/CmfgOIfQ6zg