Infórmate > Noticias 

Noticias 

Contribuíndo a crear un ambiente favorable de coidado e respecto polos animais
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

17/01/2023 | Lodoselo

No día de San Antón e tódolos días do ano

1 de 6

O día 17 de xaneiro, celebramos a festividade de San Antonio Abade; O San Antón como dicimos en todos os pobos de España nos que arraigou unha gran devoción a este santo, protector dos animais. E, como é costume nos ambientes rurais moi vinculados á gandería doméstica, levan a cabo neste día varios ritos para conservar a saúde dos animais.
É un gran día para eles e cobran un gran protagonismo, xa que se lles bendí por tradición. Mesmo nas ciudades moitas persoas achegan aos seus animais aos puntos da súa cidade onde se celebra este día tan especial. Centos de mascotas reciben a bendición do seu patrón San Antón.
En Valencia, por exemplo a festividade remóntase ao século XIV, en concreto a 1333 cando a Orde Hospitalaria dos antonianos instálase alí e nos arredores da cidade levantan unha ermida e un hospital no que puidesen descansar os camiñantes que chegaban de Cataluña e de Aragón e que entraban á cidade pola porta de Serranos.

No CDR temos aves (moitas e diferentes galiñas, ocas, patos…), coellos, unha burra (a Terra), cans (a Muma e o Eo), gatos e un pequeño rabaño de ovellas. Quedamos sen abellas: a velutina acabou coas dúas últimas colmeas que tiñamos. Este ano o S. Antón coincídenos coa parideira das ovellas: teñen nacido un montón de añas e años… Máis de trinta!
Aproveitemos este día e contribuamos a crear un ambiente favorable de coidado e respecto polos animais. Ocasión para dar un impulso a boas costumes en favor de todos os animais facéndoa extensiva a toda a Natureza en xeral, nun sentido plenamente ecoloxista e universal.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies