Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 14/09/2014 | Grupo curso de agricultura familiar

Moi boa marcha a do grupo de agricultura familiar

Outro sábado, outra quincena, outro mes, outra xornada de encontro... E seguimos.  

18/10/2014 | Lodoselo

Na xornada do 13 de setembro a temática foi sobre a Recolección da colleita, conservación e almacenamento: elaboración de conservas, secados, fermentados, licuados... Aproveitando a época na que estamos e que temos moitos produtos de horta gozamos dos seus olores, colorido e sabores. Combinando sesións teóricas da man de Pili e Eloi de Reboreda e de Ulf e sesións prácticas nas que asamos pementos, en brasas de leña de carballo, que despois embotamos, fixemos chucrut de repolo e lombarda, aceite de consuelda, zume de sabugueiro e deshidratación de froitas e verduras. 

Despois puidemos rematar a xornada compartindo cos veciñ@s do pobo o espectáculo "Os sons do vento que pasa", un concerto de fados en galego nun entorno inmellorable, o patio do albergue do pobo escola (antiga casa rectoral de Lodoselo). 

O 4 de outubro seguimos coas conservas, rotacións axeitadas, asociacións de plantas (boas e non tan boas). Fixemos unha práctica no invernadoiro (leitugas e espinaca). Demos unha volta ata a aula da Natureza e aprendemos tamén sobre os cogomelos. Hoxe tivemos con nós a Jesús e Mª Carmen de Valladolid; tamén Carlos de Vila Real (Portugal) que está facendo as prácticas no CDR. No xantar probamos o chucrut e os produtos que imos aprendendo a preparar e gardar.

O 18 de outubro estivemos coas sementes, cultivo mixto ou policultivo, setos (microclima), bancais, acolchado, etc. Tamén comemos, entre outras cousas, unha espectacular empanada de boletus. Grazas Julia!!!

Arquivada en:
Infórmate > Noticias