Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 03/01/2023 | Sábado en familia: Baronzás

Os Sábados en familia: lecer saudable

Visitamos Baronzás

31/12/2022 | A Limia

Xa van catro anos desde que no CDR O VISO comezamos cos Sábados en Familia, unha actividade pensada para coñecer e poñer en valor lugares da nosa comarca e fomentar un lecer saudable entre a comunidade limiá. Trátase dunha actividade financiada pola consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto dobre a renda das persoas físicas dentro do programa “O noso espazo: encontros de familia, parentalidade positiva e actividades educativas” do CDR O VISO.
O día de Noiteboa pola mañá tivemos o noso último sábado en familia do ano 2022. Como xa é tradición por estas datas visitamos a aldea de Baronzás, no Concello de Xinzo de Limia. Alí levan anos facendo un traballo de dinamización comunitaria engalanando as rúas e recunchos con escenas propias do Nadal, e a partir de materias primas do lugar ou material de refugallo, entre outras. Desta vez participaron veciñas e veciños de Boado e de Xinzo, que ademais recibiron aguinaldos e presentes das anfitrioas de Baronzás.
Durante o ano 2022 participaron máis de 60 persoas nas saídas a:  Congostro (Rairiz de Veiga), Vilar de Gomareite (Concello de Vilar de Barrio), As Mercedes (Concello de Cualedro), Vilar de Santos, Lodoselo (Concello de Sarreaus), Xinzo de Limia, Couto Mixto (Concello de Baltar) e Baronzás (Concello de Xinzo de Limia).

Cómpre sinalar que esta actividade interxeracional cobra aínda maior sentido pola participación activa das persoas dos lugares ós que imos, quen, de xeito voluntario, guían o noso percorrido e permiten que descubramos a verdadeira idiosincrasia deses lugares.
Grazas a todas as persoas que o facedes posible e agardamos un 2023 cheo de camiños por descubrir.

https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d391509937k6385444o2l1/Sábado en familia. Baronzás 2022

Arquivada en:
Infórmate > Noticias