Accesibilidad

Noticias 

© MERP | 25/09/2023 | #Somos47millóns de pensionistas presentes e futuros para #BlindarLasPensiones na Constitución

#Somos47millóns de pensionistas presentes e futuros para #BlindarLasPensiones na Constitución

O Sistema Público de Pensións é un piar da cohesión social, é a principal fonte de xustiza e igualdade

25/09/2023

O futuro das pensións públicas é unha das principais prioridades do conxunto da sociedade.
Hai un debate aberto e existen diferentes alternativas políticas e económicas, pero unha ampla unidade no rexeitamento á privatización e a perda de poder adquisitivo das pensións públicas.
O CDR O Viso é unha das 500 organizacións adheridas e asinante, desde hai anos, do manifesto que chama ao Goberno e ao Congreso dos Deputados, a dar pasos para promover unha reforma da Constitución, outorgando ás pensións unha blindaxe constitucional que non teñen na actualidade.
https://blindarlaspensiones.es/?fbclid=IwAR12gpYsWRSNeYnGQYDkQdFBImAk63gtGalKoO-D441cz4mUmKqrHROS8IA
Unha reforma que inclúa a prohibición expresa de que calquera goberno, poida tocar, recortar ou privatizar, total ou parcialmente, o Sistema Público de Pensións. Un artigo que recolla como obrigación constitucional o mantemento do poder adquisitivo real das pensións públicas, e por tanto a imposibilidade de que ningún tipo de medida ou discriminación, xa sexan recortes, subidas de impostos, copagos, aumento das tarifas dos servizos básicos, discapacidade ou calquera outra poida afectar as pensións, excepto aquelas que sexan favorables para elas.
O Sistema Público de Pensións é un piar da cohesión social, é a principal fonte de xustiza e igualdade, e debe garantir as condicións de vida da maioría, tanto no presente como no futuro. Hai que protexelo e reforzalo.
A Mesa Estatal pola Blindaxe das Pensións (MERP) é xa un amplo movemento social, presente en todo o país, onde conflúen centos de organizacións e miles de profesionais, de moi diversas ideoloxías, sensibilidades políticas e credos relixiosos, unidas ao redor dun único punto: Blindar as pensións na Constitución.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias