Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 30/05/2023 | Andaina Faramonaos 1

Andaina en familia (Ruta dos muíños)

Proxecto FAIN (Familia e Infancia)

30/05/2023 | Faramontaos

O pasado sábado, 27 de Maio, realizamos unha actividade máis coas familias participantes no proxecto FAIN; nesta ocasión unha andaina que nos levou a percorrer o fermoso pobo de Faramontaos e adentrarnos na ruta dos muíños.
Tanto persoas adultas coma nenas e nenos desfrutaron dun día na natureza, no que tamén se compartiron charlas e momentos divertidos. Por outra banda cabe destacar a boa acollida da actividade que se realizou, onde os participantes debían sacar fotos dos lugares, plantas e elementos naturais marcados na folla de ruta.
Ao remate do paseo, mentres uns gozaban dun petisco sentados na herba outros aproveitaron para descalzarse e refrescar os pés no río.
As familias volveron cunha sensación doce e ganas de repetir; todo isto influenciado tanto polas paisaxes coma pola veciñanza do pobo dos que se recibiu un trato inmellorable.
O Proxecto FAIN desenvólveo a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia en colaboración con entidades de iniciativa social en resposta ó Real Decreto 938/2021 polo que se regula a concesión directa de subvencións do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias