Accesibilidad

Noticias 

© Fundación Barrié | 31/03/2023 | 6ª edición de Más Social

O CDR na 6ª edición de #MásSocial

A necesaria aprendizaxe continua como reto

31/03/2023 | A Coruña

Este 31 de marzo estivemos dúas persoas, Saray e Toño, en representación do CDR, no Más Social 2023/24 da #FundaciónBarrié en A Coruña. Foi a xornada de presentación da 6ª edición (retómase así despois da pandemia este programa con 12 anos de andaina e 125 entidades as que temos participado). Nesta ocasión seremos un total de 59 asociacións as seleccionadas e agárdannos dous anos de traballo e ilusión.
O obxectivo é a profesionalización do Terceiro Sector; facilitar medios e estratexias que permitan optimizar a xestión e contribuir ó crecemento estable e permanente. Trátase dun programa que é referencia a nivel nacional.
No noso caso participaremos:
1. No Programa Formativo II - Nivel Avanzado que ten como fin o dotar aos profesionais das entidades sociais galegas das competencias necesarias para unha xestión sólida e adaptada aos desafíos dun entorno de cambio e incertidume.
https://fundacionbarrie.org/microsite/mailing/varios/Programa_formativo_II_2023.pdf


2. No Conecta II, no que contaremos coa prestación dun servizo de asistencia técnica (16 horas durante 3 meses) consistente na actualización do sitio web para a mellora na seguridade e experiencia do usuario.
https://fundacionbarrie.org/microsite/mailing/varios/Conecta_II_2023_2024.pdf

Dice o noso admirado J. A. Marina que o índice de aprendizaxe dunha organización debe ser igual ou maior que o índice de cambio na súa contorna; algo que tamén podemos aplicar ás persoas.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias