Accesibilidad

Repositorio de experiencias

Jesús Eirís

"Temos un novo Terapeuta Ocupacional, chámase Jesús Eirís"

30/11/2020

"


Vén de Santiago de Compostela e vai estar uns meses con nós. Formado na Universidade de Salamanca, pronto se deu conta de que acertou ao escoller  esta profesión... especialmente ao comenzar as prácticas, xa que en contacto coas persoas é cando de verdade se aprende e valoras a importancia das cousas.

Unha vez rematada a carreira, interesouse polo traballo cos maiores facendo un Máster en Xerontoloxía. Tras uns anos traballando en Málaga cos aires quentiños do Sur, volve a Galicia para vivir a súa primeira experiencia do rural. Aquí en Lodoselo espera aportar o seu gran de area para que este proxecto do C.D.R O Viso siga medrando. Chega con moita ilusión e con gañas de aportar compromiso, dinamismo e tamén un pouco de alegría ao traballo, que sempre vén ben! "

Gústanlle os deportes e a natureza.

 


"

Arquivado en:
Traballadores/as