Accesibilidad

Repositorio de experiencias

Carmela Miguélez

"Con ganas de vivir un verán diferente"

14/09/2018

"


Boas tardes Toño.



Por un lado, finalmente, conseguín xuntar a calma e a inspiración para acabar este segundo escrito apalabrado.

Entre outras cousas, o sábado pasado estiven na Romaxe de Crentes Galegos e uns amigos de Irimia propuxéronme publicar o resultado na revista ( non sei se a coñeces, non sei se xa saíchedes alguna vez, supoño que sí). O caso é que aceptei de boa gana porque paréceme importante que este tipo de sitios estén na memoria colectiva, pero eso fixo que, para que sirva o escrito tanto para un lado como para o outro, me repita un pouco co primeiro que publicamos na vosa web. Valora se queres e xa me dirás.



Polo outro, queria mandarvos un "agarimo" ao equipo co que estiven mais en contacto: As duas auxiliares (María e a outra que xa non lembro o nome....), a Begoña, as 3 cociñeiras, ao Alberto, ao Edi, a Helena, a Sara, a Carmen a Yedhiel e a Sarai e, como non, a ti. E aos que me esquezo de nomear, pois tamén.



Dicir que "grazas aos que fan esto posible" paréceme desnatado. É fácil de decir. O difícil é facer da búsqueda da comodidade dos demais o eixe vertebrador do teu traballo e da túa vida. (Non é a filosofia normal dun emprego).



Cada persoa do equipo fai unha labor de compromiso co proxecto loubable.



Axudástesme a entender e focalizar un pouco mais cara onde quero enfocar a miña carreira profesional, e volvíchedes a desperta-la miña vocación.



Sentinme moi cómoda, como na casa. Mil grazas :)





Se tes alguna forma fácil de facerllo chegar ao resto, estaria ben contenta. Ía engadilo do artículo pero para publicar no Irimia xa me paso de caracteres e non sei se para a vosa web é axeitado.... Como decidades vos.



Moitas grazas a ti e a todo o equipo, vou falar (e xa falei) moi ben de vos por alá onde vaia.

Biquiños



Carmela M P



____________________________________________________________________________________



Con ganas de vivir un verán diferente, que tocase experiencias diverxentes as que traballamos na escola, recurrín a Francisco Javier, da Casa do Romualdo, para que me indicase algún proxecto no cal votar una man e aprender.



As miñas máximas eran cobizosas; quería tocar o traballo de campo, da terra que é ao mesmo tempo orgullo e lousa de Galiza; as súas xentes, a maioría profundamente marcadas polas condicións que esta esixe; e as que están chegando recentemente, migrantes que atopan no campo unha saída económica da que os fillos xa non queremos participar, desvalorizándoo e perdéndolle o respeto.



Pouco me imaxinaba que xa dende hai décadas existen proxectos que casan estes, e moitos mais, campos de acción. A min pareciame que una montaxe que combinase todo só podía ser froito da miña inmadurez práctica, do pouco coñecemento que tiña en levar ideais ao terreo da realidade. Por eso, foi una alegría enorme e magnífica ir lendo tódolos frentes abertos que o Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” resume na súa páxina web ,e que me enchían de ganas de ser parte de cada campo que desenvolve.



E é que estas xentes teñen un patrón moi claro: levar os coidados considerados domésticos ao terreno do común, da empatía e da solidaridade.

Da necesidade de que os cativos coñezan a vida do rural, nace un albergue-Pobo escola; do problema da xente envellecendo soa na casa, nace a vivenda comunitaria e o centro de día; da falta de recursos para preparar a comida, nace o comedor social e a distribución de bandexas de comida diariamente polas parroquias dos Concellos colindantes a Lodoselo, a aldea – ou mais ben centro de operacións - inicial. Só grazas a esta filosofía entendemos o incrível despregamento de infraestructuras cas que xa conta o centro.



Trabas sociais como o envellecemento da sociedade, a falta de recursos dedicados ás persoas maiores, a soidade ca que estas teñen que convivir, as crianzas que medran divorciadas da sabiduría que as súas maiores desprenden a cotío, etc, son algunhas das máis significativas, e que é o mesmo capitalismo quen as causa e e as pretende agochar. Esta equipa non se conforma con aceptar que a sociedade simplemente é así, se non que abre camiño e vótalle ganas, imaxinación e, sobretodo, sentidiño. Ainda que pareza que é a nivel municipal-comarcal, arranxan conflitos estructurais.



Volvendo á miña experiencia: as aspiracións ao chegar eran, ainda que o meu lado racional quería controlarse, moi altas, e estou contenta de comunicar que a vivencia estivo á altura. Aprendín arreo sobre a vida en comunidade que debería establecerse en cada aldea, absorbín ensinanzas cargadas de sabíduria máxica e impoñente transmitida por vellas, destas que semellan case milenarias, entendín un chisco máis como funciona esta terceira-cuarta idade esquecida...



Non quero enganar a ningúen, o dia a dia é mais dificil do que logo podes lembrar. Os silencios que cres que tés que encher, as actividades que non sabes ata o último minuto se funcionarán, o lastre das enfermidades dexenerativas e os sentidos debilitados... despois de todo, estamos tratando con persoas que levan 60 anos máis na vida ca min. E se xa non queren seguir? E se non lles dá a ganade adaptarse ás súas novas limitacions? Son preguntas que me fago a min mesma, e non quero caer no paternalismo de obrigar a ninguén a xogar, a falar, a escoitar... Nin siquera a vivir. Quen son eu para obrigar nada? Lévome esta aprendizaxe e este montón de dúbidas sen resolver, ainda sen saber se debo seguir argallando respostas ou é mellor deixalas repousar e levedar ca semente que esta xente votou. Influenciaranme no meu futuro académico, profesional e humano, con certeza.



Quedo satisfeita e chea de emocións de ter participado (aínda facendo una mínima aportación de dúas semanas) neste Lar, e recomendo enerxicamente a participación de calquera persoa, de calquera idade, xénero e país.

 


"

Arquivado en: