Repositorio de experiencias
Rocío Océano
"Un intensivo, reflexivo e experiencial sobre a sabedoría dos Coidados das Mulleres"
28/06/2022
"
Querida Lucía, aínda saboreo no meu corazón o taller de onte, que gusto coñecer a "as vosas" mulleres e sáeme dicir que sorte teñen de tervos.
O meu máis profundo agradecemento pola vosa confianza no meu traballo pero, sobre todo, polo proxecto tan fermoso que materializades cada día con tanto agarimo... Non me imaxinara ir falar de Coidados a un lugar tan apropiado e sentirme en coherencia.
Grazas de Corazón, sodes referencia para moitos proxectos e esperanza para este mundo.
Con estas palabras espero achegarvos/ che todo o recoñecemento polo voso labor que brota do meu ser.
Longa vida para CDR O VISO e para a vosa linda comunidade.
"
Arquivado en:
Colaboradores/as