Accesibilidad

Repositorio de experiencias

Manola, Elena e Pepe

"Presenza e ausencia"

02/11/2021

"


Nestas datas nas que a tristeza dos cemiterios se visualiza nos medios de comunicación porque se visitan e angalanan; nas que rememoramos os nosos defuntos e lembramos esta dualidade inequívova, a vida e a morte.  Nas que algúns nin Samaín, nin Halloween porque dabondo temos co que había: o día de Tódolos Santos e o día de Defuntos.

Nestas datas tan especiais acordámonos de tanta xente... E tamén hai xente que se lembra de nós. Traemos aquí esta testemuña da familia de María de Perrelos que tantos anos estivo aquí, na túa outra casa. Como facían cando estaba presente este fin de semana viñeron visitarnos e traernos este agasallo e outros dos que xa demos boa conta. Moitísimas grazas. A gratitude é un dos pilares do ben-estar e do ben-ser.


"

Arquivado en:
Usuarios/as