Accesibilidad
Colabora > Testemuños > Repositorio de experiencias

Repositorio de experiencias

Ada, Terapeuta Ocupacional

03/10/2021

"


Unha persoa á que quero, admiro e respeto, díxome moitas veces ao largo da miña vida que hai que coidar aos demáis como queremos que nos coiden a nós e querer como queremos ser queridos. Sempre crin entender moi ben ao que se refería.Pero dende que empecei a traballar no CDR "O Viso" e abríronseme as portas deste máxico anaquiño de mundo, esas palabras cobraron cada vez máis forza e máis sentido. Neste lugar todos son coidados porque todos son coidadores. Todos son queridos, apreciados e valorados, porque todos son familia. Unha pequena gran familia na que todos atopan ese abrigo para os días máis fríos. Esa man que te axuda a levar máis lixeiro o paso e o peso dos anos, esa sensación de poder chamar fogar a todo aquelo que te rodea. Mires onde mires, todos poñen tanto corazón naquelo que fan (as persoas que cociñan, as que limpan, as que transportan, as que acompañan...) que non podes evitar que esa enerxía te envolva e te atrape.Estou segura que haber chegado hasta aquí non pode ser unha casualidade da vida. Estou aquí para poder aprender de toda esta xente, de todo este pobo, de toda esta terra. Estou aquí disposta a deixarme levar con total confianza e estou aiquí con ganas de compartir e aportar o meu graniño de area, para continuar con esta labor tan importante e fermosa que se está levando a cabo neste lugar tan especial.


"

Arquivado en:

Trabajadores/as

Outras formas de asociarte
  • Chamando ao 988 46 15 71
.

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Materiais relacionados
Vídeos