Vídeos
A continuación presentámosche os 5 vídeos máis recentes.
Utiliza o pasapáxinas para acceder á colección completa ou o buscador se o que queres é localizar vídeos que cumpran uns criterios específicos.
25/02/2026 | 0:54
Hai que Blindar as Pensións na Constitución
O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso é unha das Organizacións da Mesa pola Blindaxe das Pensións. Fai forza con outras 500 organizacións do estado para defender un dereito que está ameazado e que implica a toda a sociedade. Téñense presentado máis de 2 millóns de firmas de apoios á causa e este 26 de febreiro de 2026 queremos poñer o foco no futuro porque somos 49 millóns de pensionistas, presentes e futuros.
Arquivado en:
Infórmate > Vídeos
01/07/2025 | 3:10
Programa O Termómetro TVG en Lodoselo: a herba seca que gardamos a granel
Programa da TVG "O Termómetro". Achegáronse un momento ata Lodoselo para transmitir unha práctica en desuso: a recollida da herba que nós seguimos a facer a granel para ter no inverno herba seca para as ovellas, burriña, coellos...
Arquivado en:
Infórmate > Vídeos
29/12/2024 | 1:32
Premios da Cultura 2024 do Concello de Xinzo de Limia
Agradecemento, pequeno discurso (minuto e medio) do Tonho

Arquivado en:
Infórmate > Vídeos
27/12/2024 | 8:08
Alumar: Calor para o corazón no frío do Nadal
Alumar: Calor para o corazón no frío do Nadal
Alumar é moito máis que un proxecto; é unha faísca que acende o lume da solidariedade e a comunidade. Este Nadal, 24 persoas maiores que viven soas recibiron algo especial: agasallos cheos de calor, cartas que emocionan e o abrazo invisible dunha comunidade unida que quere coidalas.
A Limia, coa súa chaira xeada e o seu espírito comunitario, foi o escenario deste acto de amor colectivo. Os nosos paporrubios, voluntarios cun corazón cálido como o paxaro que lles dá nome, puxeron alma, tempo e dedicación para ALUMAR fogares e vidas, demostrando que a ruralidad tamén é sinónimo de forza, unión e esperanza.
Neste vídeo atoparás historias reais, emocións compartidas e a proba de que xuntos podemos crear milagres. Por mil invernos máis coa calor do amor humano.
Grazas a todos os que fixestes posible este proxecto
Arquivado en:
Infórmate > Vídeos
31/10/2024 | 6:10
Encontro da Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural en Lodoselo
A Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural (Rede do Rural) celebramos unha xuntanza no CDR O Viso (Lodoselo, Sarreaus), na que interviron diferentes iniciativas locais de desenvolvemento. Por un rural galego vivo e produtivo: vídeo de Roxín Roxal que forma parte e apoia á Rede.
26 de outubro de 2024.
26 de outubro de 2024.

Arquivado en:
Infórmate > Vídeos
04/07/2024 | 3:58
Programa de Investigación Científico-Técnica de carácter medioambiental de COCEDER
Durante o período 2023-2024 o Programa de Investigación Científico-Técnica de carácter ambiental de COCEDER desenvolveu un total de 17 estudos que foron posibles grazas á colaboración do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), que concede os fondos para realizar as actividades do programa.
Estas accións investigativas desenvolvéronse en pequenos municipios rurais repartidos por boa parte da xeografía española e abarcan 15 provincias das seguintes Comunidades Autónomas: a Comunidade Valencia, Cataluña, Aragón, Castela e León, o Principado de Asturias, Galicia, Estremadura e Andalucía.
Estas accións investigativas desenvolvéronse en pequenos municipios rurais repartidos por boa parte da xeografía española e abarcan 15 provincias das seguintes Comunidades Autónomas: a Comunidade Valencia, Cataluña, Aragón, Castela e León, o Principado de Asturias, Galicia, Estremadura e Andalucía.
Velaquí citada a nosa Investigación en recursos xenéticos locais (sementes de produtos de agricultura tradicional), o banco de sementes, a recuperación e a transmisión dos coñecementos tradicionais, ligado á conservación da biodiversidade agraria.
Arquivado en:
Infórmate > Vídeos





