Accesibilidad

Vídeos

A continuación presentámosche os 5 vídeos máis recentes.

Utiliza o pasapáxinas para acceder á colección completa ou o buscador se o que queres é localizar vídeos que cumpran uns criterios específicos.

31/10/2024 | 6:10

Encontro da Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural en Lodoselo

A Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural (Rede do Rural) celebramos unha xuntanza no CDR O Viso (Lodoselo, Sarreaus), na que interviron diferentes iniciativas locais de desenvolvemento. Por un rural galego vivo e produtivo: vídeo de Roxín Roxal que forma parte e apoia á Rede.
26 de outubro de 2024.
 

Arquivado en:
Infórmate > Vídeos

04/07/2024 | 3:58

Programa de Investigación Científico-Técnica de carácter medioambiental de COCEDER

Durante o período 2023-2024 o Programa de Investigación Científico-Técnica de carácter ambiental de COCEDER desenvolveu un total de 17 estudos que foron posibles grazas á colaboración do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), que concede os fondos para realizar as actividades do programa.
Estas accións investigativas desenvolvéronse en pequenos municipios rurais repartidos por boa parte da xeografía española e abarcan 15 provincias das seguintes Comunidades Autónomas:  a Comunidade Valencia, Cataluña, Aragón, Castela e León, o Principado de Asturias, Galicia, Estremadura e Andalucía.
Velaquí citada a nosa Investigación en recursos xenéticos locais (sementes de produtos de agricultura tradicional), o banco de sementes, a recuperación e a transmisión dos coñecementos tradicionais, ligado á conservación da biodiversidade agraria.
 

Arquivado en:
Infórmate > Vídeos

05/01/2024 | 10:02

ALUMAR

Arquivado en:
Infórmate > Vídeos

05/01/2024 | 10:02

ALUMAR

A través do proxecto ALUMAR, o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, converteuse en intermediario entre 23 persoas que pasan o nadal en situacións moi próximas á soidade e outras tantas que quixeron armarse de amor e sentimento de comunidade para combater esa situación. Arrancaba o proxecto en novembro e rematou co peche do ano. Os 23 regalos voaron das mans amigas das veciñas e veciños solidarias cara as casas onde se apagara a luz do nadal grazas ao paporrubio, o paxaro que simbolizou a vitalidade e a cor no tempo das xeadas.
Este vídeo é unha escolma das emocións que espertou esta acción nas persoas que sentiron a calor de xente que nin coñecen.
Participaron, ademais das 46 familias conectadas, diferentes áreas de traballo do CDR como a educativa, o servizo “xanta na casa” (ou de comedor a domicilio), o proxecto Biocoidados ou o equipo de Comunicación.
Este proxecto, así coma outros, foi posible grazas á ó financiamento da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia na subvención destinada á realización de programas de interese social, con carga á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.
 

Arquivado en:
Infórmate > Vídeos

05/12/2023 | 1:06

Vídeo promocional do CDR feito polo AGADER

Arquivado en:
Infórmate > Vídeos

27/10/2023 |

Día mundial da Terapia Ocupacional 2023

Graciñas Helena!!! E Rocío. As dúas Terapeutas Ocupacionais do CDR. Pero tamén a todxs os que fixestes posible isto ó longo dos anos: Cuqui, Xisela, Cristina, Jesús e Ada.

Arquivado en:
Infórmate > Vídeos

25/09/2023 | 4:07

Miguel Ríos, The Black Betty Trio - El Blues de la Tercera Edad

Arquivado en:
Infórmate > Vídeos

Estou na lavadora

29/08/2023 | 2:55

Estou na lavadora

Videoclip: CDR O Viso Concilia Agosto 2023

https://www.youtube.com/watch?v=oELQT3-LKyg

Arquivado en:
Infórmate > Vídeos

Pequeniño resumo da nosa participación na Feira do Comercio Prolimia

28/08/2023 | 2:25

Pequeniño resumo da nosa participación na Feira do Comercio Prolimia

Aquí un pequeniño resumo da nosa participación na Feira do Comercio Prolimia. Foi unha finde fermosa de encontros, de risos e, sobre todo, de compartir.
PRO LIMIA - Asociación de empresas e comercios da Limia

Despois destes tres días de participación na feira do comercio de PROLIMIA facemos unha valoración moi positiva das vivencias que alí se deron. Aínda que poidera parecer que o noso encaixe nunha mostra do comercio local non era moi atinada, resulta que se deron cousas como:
-Que participantes nos nosos programas viñeran amosar que son parte do CDR, e que así o sintan
-Que moitas veciñas e veciños aproveitasen a saudarnos e agradecernos/recoñecernos o traballo que facemos
-Que outras persoas nos puxesen cara
-Que houbese xente de calquera idade xogando cos enredos populares, ou nos caixóns das texturas… e mesmo as que trouxeron botes da casa para facer os ecosistemas
E, sobre todo, atoparnos entre as persoas do equipo -moitas sen cadrar habitualmente nos traballos diarios- e coñecernos un pouquiño máis, rirnos coas numerosas anécdotas que alí se deron e comprobar que somos boa xente traballando coa xente. Graciñas por convidarnos a Prolimia e graciñas a todas e todos por estar alí e facelo posible, a quen pasou saudar, a quen estabades facendo o traballo que non pode parar e a quen non puidestes vir desta vez. Por moitas máis!

https://fb.watch/mJWWf1LdSx/

Arquivado en:
Infórmate > Vídeos