Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 14/12/2023 | POIG 1

A participación infantil é un dereito

Asistimos a unha formación impartida pola POIG

14/12/2023 | Santiago de Compostela

O pasado martes, 12 de Decembro, asistimos a unha formación sobre o dereito á Participación Infantil impartida pola POIG (Plataforma de Organización de Infancia de Galicia), en Santiago de Compostela.                                                                                             
A xornada estivo chea de aprendizaxes e reflexións importantes sobre a nosa infancia, tendo como referencia a Convención Internacional sobre os Dereitos do neno, do ano 1989, e concretamente, sobre o dereito á participación infantil.
É importante xerar un cambio de mirada e crear espazos e metodoloxías educativas nas que os NNA (nenas, nenos e adolescentes) sexan escoitados, atendidos e tidos en conta. Que sexan partícipes dos seus procesos de aprendizaxe, vivindo os mesmos de forma activa e sentíndose libres para elixir, definir, deseñar e propor calquera idea que consideren.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias