Accesibilidad

Noticias 

Promoción da autonomía persoal e o benestar das persoas maiores, facendo especial énfase no fortalecemento das relacións interpersonais

Grazas á Fundación la Caixa

25/10/2023 | A Limia

O proxecto “O Viso conecta contigo” entrou na Convocatoria de Acción social no ámbito rural 2022. Convocatoria que tiña como finalidade o colaborar con organizacións non lucrativas para impulsar iniciativas dirixidas especialmente a persoas en situación de vulnerabilidade social co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida e fomentar a igualdade de oportunidades. Convocatoria que está enmarcada nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Axenda 2030 de Nacións Unidas.
Damos as gracias por esta colaboración porque o obxectivo da convocatoria apuntalaba o noso empeño xa que era impulsar proxectos no medio rural, adaptados ás súas características territoriais e necesidades sociais, para mellorar as condicións de vida, xerar oportunidades e previr o risco de exclusión das persoas en municipios de menos de 10.000 habitantes
Unha vez máis, a mesma linguaxe. Persoas maiores e retos derivados do envellecemento, co que se pretenden potenciar proxectos que promovan a promoción da autonomía persoal e o benestar das persoas maiores, facendo especial énfase no fortalecemento das relacións interpersonais, na loita contra a soidade non desexada e na prevención de situacións de fraxilidade e vulnerabilidade. A liña prioritaria, a promoción da autonomía persoal e a prevención da fraxilidade e dos seus efectos.
Máis de 250 persoas beneficiarias directas e máis de 750 indirectas neste programa que complementa outros e fortalecen a comunidade como base para unha vida plena; sentir que vivimos en pobos que nos coidan, que todas as persoas nos sentimos acompañadas e coidadas porque formamos parte dunha rede comunitaria. Autonomía si, pero autonomía vencellada porque aínda que podo vivir sen ti, a vida gústame máis contigo.
Graciñas, moitas grazas á #Fundación "la Caixa" e a todas as persoas que nos posibilitan facer posible o que é necesario. Velaquí a nosa utopía realizada, o inédito viable que dicía o mestre Paulo Freire. Na nosa man segue traballar ben porque o que nos lexitima é o traballo que facemos.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias