Accesibilidad

Noticias 

© Xeno. Teis | 23/10/2023 | Jornadas estatales SS Burgos 4

Participamos nas XII Xornadas estatais de Servizos Sociais

Abundando no pensamento do posible, das accións comunitarias inclusivas

23/10/2023 | Burgos

O venres 20 de outubro participamos en Burgos nas XII Xornadas estatais de Servizos Sociais. A benvida e a inauguración contou con representantes da estrutura colexial, da cidade de Burgos e o grupo FETÉN FETÉN.
A música desta orixinal formación é unha lectura contemporánea da música tradicional e da música popular de baile, xéneros que os inspiran e que homenaxean utilizando a imaxinación e a creatividade como bandeiras. Dous namorados dos instrumentos diferentes, xa que, ademais dos máis convencionais, no seu directo puidemos escoitar as culleres, a frauta cadeira de cámping ou o recogeval… instrumentos insólitos.
Destacar a presenza de Patricia Bezunartea, Directora Xeral - en funcións- de Diversidade Familiar e Servizos Sociais do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. Manifestounos a vontade de aliñar, garantir dereitos desde a administración xeral do Estado nos Servizos Sociais nos que son competencia exclusiva das CCAA. A necesidade da transferibilidade de dereitos entre CCAA,  dun catálogo común básico ante diferenzas como que hai territorios que destinan un 10% dos orzamentos ós SS e outros que non chegan ó 6%.
Ou á galega Ana Villar, vogal do Consello Xeral de TS, que falou dun modelo de atención que está moi enfermo e toca transformalo. De ser escravos de trámites; da perversión dunha relación de axuda a unha relación para dar axudas. Tamén a Luis Nogués nunha intervención moi interesante e abundando en que con prestacións non dignificamos ás persoas; denunciando actuacións do Terceiro Sector (administracións paralelas, vendas a empresas) aínda que admitindo que no mesmo hai diferentes sensibilidades.
Tamén os exemplos de actuacións espectaculares en diferentes territorios como nos contaron Lucía Linuesa, Jone Pariza e Belén Navarro de Terrassa, Baracaldo e a Alpujarra Almeriense. As dúas primeiras de poboacións grandes e a terceira máis pequena e rural. Abundando no pensamento do posible; das accións comunitarias inclusivas; de tecer vínculos sociais; de non danar; de que cada momento é unha oportunidade para a relación…
Agradecer unha vez máis que nos conviden a participar e que a experiencia do CDR O Viso tivese un espazo como exemplo de boas prácticas de traballo comunitario xunto a outras dúas : Proxecto RuralCare | Rocío Oliva, xefa de servizo de Atención a Maiores e Prevención da Dependencia da Junta de Castilla y León e Protocolos para a intervención social no ámbito municipal -PISAM- | Faustino Jesús Aliseda, xefe de Sección de SIVO -Concello de Badajoz-.
https://www.cgtrabajosocial.es/noticias/exito-de-participacion-en-las-xii-jornadas-estatales-de-servicios-sociales-en-burgos/11579/view
https://www.elcorreodeburgos.com/burgos/231020/188031/400-profesionales-servicios-sociales-reflexionan-burgos-sobre-labor.html?fbclid=IwAR1qsIBv6VmhLy2rIg5gu-uRCK2aipKDmhXdzgYoyTlTuybIbKssZ6Fpq6s

Arquivada en:
Infórmate > Noticias