Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 17/10/2023 | Día internacional para la erradicación de la pobreza

Día internacional para a erradicación da pobreza

Traballo decente e protección social para poñer en marcha a dignidade

17/10/2023

Hoxe, 17 de outubro, é o día que as Nacións Unidas sinalaron hai vinte anos para a erradicación da pobreza. Este ano, baixo o lema “Traballo decente e protección social para poñer en marcha a dignidade” reivindícase a necesidade do acceso universal a un traballo con garantías e á protección das persoas para defender a dignidade humana. Este día serve tamén para facer un chamamento ás persoas que lideran a política para que traballen a prol da xustiza social, o desenvolvemento equitativo dos pobos e das persoas, e garantir que ninguén quede excluído.
No CDR O VISO pertencemos á EAPN (Rede galega de loita contra a pobreza) e traballamos para que a pobreza deixe de selo, sendo conscientes de que o noso territorio foi e está sendo empobrecido: temos unha comarca e un país ricos en recursos, en terra, en patrimonio, en potencialidades… pero sen capacidade para convertelas en riqueza suficiente para  que as aldeas teñan oportunidades e , sobre todo, persoas que as habiten e vivan dignamente. Estes días estamos colaborando co CEIP Rosalía de Castro nunha actividade organizada pola POIG (Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, da que formamos parte); trátase do proceso de participación infantil anual, este ano baixo a temática “Infancia e Pobreza”, onde precisamente, a rapazada de 3º de primaria anda traballando para propoñer solucións propias e que sexan tidas en conta nas institucións públicas.
Todos os nosos programas perseguen a erradicación da pobreza, primeiro Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas, traballando cunha estratexia de desenvolvemento  dirixida á poboación máis vulnerable do territorio, a través de acción globais de carácter social, educativas, informativas, económicas, de formación e emprego para que a comunidade da Limia permaneza no seu medio.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias