Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 05/10/2023 | Veciñanza saudable Laroá 1

Veciñanza saudable: a importancia de saber coidarse

05/10/2023 | Laroá

"Veciñanza saudable" constaba de catro ciclos nos que distintos profesionais nos darían pautas e información para aprender e adquirir coñecementos sobre o importante que é coidarse para previr enfermidades como a obesidade, a diabetes…
En Laroá, o día 4 de outubro, demos por finalizado este ciclo acompañados una vez máis de AURIA (asociación diabética auria). Foron catro sesións nas que recibimos moita información e neste último día, tivemos o pracer de contar con Ana, a nutricionista do centro de saúde de Xinzo de Limia.
Foi clave a súa intervención xa que nos ensinou a importancia de coidarse e os riscos que pode ocasionar o descoñecemento de todo aquilo que levan os alimentos. Así foi que fixo una actividade para todas as persoas que parecía tan sinxelo como ler a  etiqueta de varios alimentos como iogures, galletas, cereais…
Sorprendentemente demostrounos que é moi importante saber que leva todo o que comemos xa que a maioría tiñan descoñecemento de como se facía e ademais, que o que parece moi saudable, cando sabemos ler a etiqueta dámonos de conta de que non o é tanto.
As cantidades de azucres, graxas, sal e demais ingredientes son tan importantes como prexudiciais para a saúde, por iso canto máis coñecemento teñamos, mellor saberemos coidarnos.
Por último, queremos agradecer de novo a colaboración da Asociación Diabética AURIA pola promoción dos coidados e por achegar a información ao medio rural.

Estas actuacións enmárcanse no proxecto BIOCOIDADOS: novos modelos de coidados prestados pola comunidade, centrados na persoa, nas contornas rurais; está vinculado ó Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da Secretaría de Estado do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, e financiado pola Unión Europea – Next GenerationEU.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias