Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 13/07/2024 | Cartel Non á mina

A forza da comunidade organizada

Ante a provocación que evocan as minas

13/07/2024

Este venres, 12 de xullo, a veciñanza de Lodoselo estabamos convocados a unha reunión informativa e, unha vez máis, comprobamos como de ben a nosa xente responde. Non só estaba o local ateigado e houbo xente que seguiu a xuntanza dende fóra... é que ata veciños de Nocelo, Escornabois se achegaron para escoitar como está a día de hoxe o tema das posibles minas tralo acordo publicado no DOG da Consellería de Economía, Industria e Innovación do 9 de abril de 2024, publicado o 10 de xuño, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude do permiso de investigación denominado Novo Frixo número 5291, sito nos concellos de Laza, Sarreaus e Cualedro.
A reunión foi practicamente un monólogo do alcalde do Concello de Sarreaus que informou deste asunto que ten preocupada á poboación. Que se sabe desta historia, o que se leva feito e o que podemos facer. A nivel institucional o mesmo Concello vai presentar unha alegación e tamén a nivel particular a maioría das persoas agotaron un dos modelos de alegación que repartimos.
A preocupación por non ter tido ningún tipo de contacto coa veciñanza por parte de quen solicita o permiso para esa investigación, así como polas consecuencias que para o noso territorio e a nosa saúde evocan as minas xurdiron e pesaron máis, nas manifestacións que  os participantes manifestaron, que a “hipotética riqueza” que venden case sempre este tipo de noticias.
Agradecemos e así llo manifestamos que a administración local na figura do alcalde tivera a ben responder á nosa invitación a este sesión informativa e tamén tivemos un momento para interesarnos polo tema do río e a Confederación Hidrográfica pola situación de abandono que entristece a chegada ó noso pobo e contemplar o estado no que está nestes últimos anos con varandas e cintas de obra (ordinariamente provisionais e que aquí xa forman parte da paisaxe).   

Arquivada en:
Infórmate > Noticias