Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 25/11/2024 | Non son números 3

Non son números, son as nosas veciñas

Programa “ELAS”

25/11/2024 | A Limia

Poñer os nomes das 14 mulleres axudaría a sensibilizar. Poñer os pobos onde viven axudaría a sensibilizar. Poñer as súas fotos axudaría a sensibilizar. Pero non o faremos.
Queremos protexer ás mulleres que sufriron a desgraza de seren vítimas da violencia machista para que non teñan que pasar por máis maltratos.
Acompañar a mulleres en situacións críticas é unha das maiores responsabilidades que temos no CDR. Mulleres que, moitas veces, levan da man nenos e nenas que tamén sofren, e que necesitan e merecen unha familia que os queira e os coide.
No CDR formámonos cada día para facer este traballo mellor. Investimos o máximo posible para que o noso equipo profesional estea ben preparado, actualizado e disposto a axudar coa máxima profesionalidade e co máximo amor. Só así, entendendo a magnitude deste acompañamento, poderemos aspirar a ser realmente útiles.
Reivindicamos a calidade nas e nos profesionais do sector social para marcar o camiño que a comunidade debe seguir porque, non o esquezamos, son as nosas veciñas. Non son datos.
Esta actuación enmárcase dentro do programa “ELAS”, financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, dentro da subvención destinada á realización de programas de interese social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias