Noticias
© CDR O Viso | 23/11/2024 | 25 N 2024 1
Prevención e acción, as dúas tácticas do CDR contra a violencia machista
25 N. Por unha sociedade libre de violencia de xénero
23/11/2024 | A Limia
O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso é, tamén, un soporte para as mulleres vítimas da violencia machista. Dispón de cobertura psicolóxica e acompañamento ás mulleres durante as 24 horas do día; é unha necesidade que cómpre atender no medio rural porque, segundo Sarai Bohórquez, a responsable de Igualdade, “están en xogo as vidas das nosas veciñas, das nosas nais, das nosas irmás e das nosas compañeiras”. O apoio esténdese tamén ós fillos e fillas das mulleres maltratadas no caso de existir.
Sarai Bohórquez defende que “as participantes destes proxectos non son só números aínda que falemos deles”. No que vai de ano xa son catorce as mulleres vítima de violencia machista que se acompañaron, integralmente, dende o CDR O Viso.
Malia o anterior, a estratexia do CDR comeza na prevención nas idades máis temperás e por iso nas últimas semanas o equipo educativo ten visitado tódolos centros educativos do rural limiao para traballar cos nenos e nenas a identificación de emocións e desencadeantes das mesmas utilizando as bolboretas como símbolo de transformación e renacemento, en homenaxe ás orixes do propio 25 de novembro como día contra as violencias machistas.

A programación do CDR O Viso nesta efeméride continúa cunha exposición nas súas instalacións na rúa Ladeira de Xinzo co material elaborado nos centros educativos. A educadora Mila Rodríguez, resúmea así: “poñer a mirada na infancia significa ver unha oportunidade de cambio social”
Actuación enmarcada dentro do programa “ELAS”, financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia na subvención destinada á realización de programas de interese social, con carga á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias