Noticias
© CDR O Viso | 22/11/2024 | Casa RIA, Santiago de Compostela 1
A Comunidade na axenda territorial de Galicia
Cara a unha axenda territorial de Galicia. Integración urbana e rural
22/11/2024 | Casa RIA, Santiago de Compostela
Con compromiso e responsabilidade aceptamos o reto que supón o convite da Fundación RIA en colaboración coa Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Arquitectura de Galicia para aportar a perspectiva rural para a súa integración nas políticas territoriais.
Coma calquera planificación, cómpre ter presentes tódolos factores e sobre todo, tódolos axentes, para darlle solidez desde a base para que non abanee. Para nós, o cerne é a comunidade como expresión elevada da suma das persoas e situada dacabalo entre a visión máis individual e a esfera pública. O ben en man común, material ou non, é a garantía de que transcenderá ás persoas. É, por tanto, a chave para a eternidade.
Quixeron contar connosco, cos Centros de Desenvolvemento Rural, por sermos entidades singulares nun territorio que mira, cada vez máis, cara o eixo atlántico. A AP-9 é o horizonte da maioría das miradas que pensan en Galicia pero o millón de persoas que vivimos do outro lado seremos protagonistas no futuro do País, por iso o rural importa. E o CDR O Viso estivo alí, entre outras cousas, para achegar a realidade rural que non é só a dos chalés cun peche vexetal ou de pedra de tres metros...

Arquivada en:
Infórmate > Noticias