Noticias
© CDR O Viso | 22/11/2024 | Parada de Ribeira teleclub 2
Recreando os nosos espazos
Acondicionamento do teleclub de Parada
22/11/2024
No corazón das aldeas rurais, os espazos de encontro representan moito máis que paredes e tellados; son lugares que fortalecen a comunidade, tecen relacións e manteñen viva a esencia dos pobos. Acontece que, en moitas destas aldeas, as instalacións comunitarias atópanse nun estado precario. Espazos que foron escolas ou teleclubs sofren problemas como humidades, falta de calefacción ou electricidade en condicións, o que limita o seu uso e desanima á veciñanza.
Dende o CDR O Viso, a través do proxecto Biocuidados, detectamos esta necesidade escoitando ás persoas que participan nas nosas actividades comunitarias. A demanda foi clara: un espazo digno e accesible, onde reunirse non só para actividades organizadas, senón tamén para compartir momentos informais e crear lazos entre os veciños e as veciñas. Esta petición marcou o inicio dun traballo colectivo para habilitar eses lugares de encontro con tarefas de limpeza, decoración e acondicionamento básico.
Tras as experiencias positivas en Rebordachá e Laroá, chegou o momento de actuar no Teleclub de Parada de Ribeira. Este espazo, que xa acolle actividades como clases de ximnasia e memoria, foi identificado pola veciñanza como o lugar perfecto para potenciar a vida comunitaria. Durante os obradoiros, xurdiu unha petición especial: que o local se puidese empregar tamén para reunións informais, xogos de mesa, ou simplemente para conversar e botar a partida.
Os teleclubs, creados inicialmente para fomentar a educación e o entretemento nas zonas rurais, foron perdendo protagonismo desde os anos 80. Con todo, en lugares como Parada, seguen sendo un punto clave para a cohesión social, espazos con historia e futuro. Con este proxecto, quixemos devolverlle parte do seu valor orixinal. Grazas á colaboración da comunidade, negocios locais e o proxecto Biocuidados, o Teleclube conta agora con novo mobiliario e xogos de mesa, ofrecendo á veciñanza unha oportunidade de utilizar o espazo para moito máis que as actividades habituais.
Rehabilitar espazos coma este é importante porque vai máis aló das melloras físicas. Significa construír comunidade, fomentar o sentimento de pertenza e crear oportunidades para o encontro interxeracional. Nun contexto no que a vida no rural loita por manterse viva, contar con lugares accesibles e acolledores é clave para impulsar a participación veciñal e o benestar de todos os seus habitantes.
Con iniciativas como esta, reafirmamos o compromiso de dar vida aos nosos espazos e facer do rural un lugar vibrante e cheo de oportunidades para todos e todas.
Estas accións enmárcanse no proxecto #Biocuidados: Novos modelos de coidados prestados pola comunidade, centrados na persoa, en contornas rurais; está vinculado ao Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU. Promovido pola Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (Coceder).

Arquivada en:
Infórmate > Noticias