Noticias
© CDR O Viso | 20/11/2024 | 20 N Dereitos... e Deberes 1
Isto vai de Dereitos... e Deberes
Os Dereitos da Infancia e a Adolescencia
20/11/2024
Este mércores, 20 de Novembro, é o día no que se conmemoran os Dereitos dos nenos, as nenas e os adolescentes, e nós quixemos formar parte do proceso participativo que a POIG pon en marcha cada ano, para que as mozas e os mozos analicen, dean seguimento e realicen propostas sobre a aplicación dos seus dereitos.
O obxectivo primordial é darlle voz ós nenos e ás nenas. Que poidamos coñecer a visión que teñen sobre o cumprimento dos seus dereitos e que a súa voz sexa atendida polas políticas públicas á hora de realizar as propostas relacionadas coa infancia. Así, fomentamos a súa participación como cidadás e cidadáns, independentemente da idade que teñan.
Este ano, parte do equipo da área educativa do CDR “O Viso”, acudiu a dous centros escolares rurais, o CEIP de Sarreaus e o CEIP de Sandiás, para traballar, concretamente, en catro dereitos fundamentais e as súas vertentes: o dereito á non discriminación (por idade e / ou xénero), o dereito ó xogo e tempo libre (esparexemento e espazos para xogar), o dereito á protección fronte á violencia (contornas seguras e contorna dixital) e o dereito á saúde (saúde mental e nivel de vida).
Dende un punto de vista máis reflexivo e subxectivo, é oportuno resaltar a gran satisfacción e actitude esperanzadora que nos ofreceu o feito de poder mostrarlles ós nenos e ás nenas cales son os seus dereitos e a importancia de que os coñezan e os cuestionen. Posibilitar espazos para que a súa voz sexa escoitada e xerar oportunidades para que reflexionen e se formen unha opinión ó respecto. E lembrarmos que ter dereitos comporta ter deberes.
Esta actividade enmárcase no programa “O Noso Espazo“ e está financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia na subvención destinada á realización de programas de interese social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias