Noticias
© CDR O Viso | 16/11/2024 | Mellora das competencias dixitais e laborais de mulleres 2
A formación dixital abre novas portas laborais
Orientada a mellorar as competencias dixitais e laborais de mulleres
16/11/2024 | A Limia
O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso concluíu recentemente unha formación orientada a mellorar as competencias dixitais e laborais de mulleres da comunidade. No marco dos proxectos de Inclusión financiados pola Consellería de Política Social, o CDR desenvolveu esta acción formativa, combinando coñecementos sobre a realidade laboral e o acceso ao emprego con contidos complementarios de carácter transversal.
As participantes aprenderon sobre temas laborais, como a documentación relacionada co traballo e a planificación individualizada da procura de emprego, empregando tecnoloxías da información e comunicación, incluíndo aplicacións, webs e outras ferramentas dixitais.
A formación incluíu tamén unha visita a unha explotación agrícola da zona para coñecer de preto as oportunidades a medio prazo do sector da pataca e ós equipamentos do CDR en Lodoselo (Sarreaus), onde destacan a Vivenda Comunitaria, o Centro de Día, o Servizo de Cociña e Comedor, a Casa Niño e o albergue que acolle diversas actividades ambientais e lúdicas.
O programa, Emprego TIC Rural, enmárcase no marco da Orde de subvención do 27 de xuño (DOG Núm.130 de 10 de xullo), pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades privadas de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2023 a 2025, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS631A).

Arquivada en:
Infórmate > Noticias