Noticias
© CDR O Viso | 13/11/2024 | Alumar 2024 3
Volve Alumar!
A bondade é o punto máis elevado da intelixencia
13/11/2024 | A Limia
Un ano máis, propoñémonos levar un pouco de calor e agarimo aos fogares onde os nosos maiores pasan a maior parte do ano en soidade. Porque eles tamén merecen un agasallo e un momento especial nestas festas.
Neste Nadal 2024, queremos que 24 persoas da comarca que teñen perdido o lume da ilusión volvan prender esa chama grazas á axuda dalgún veciño ou veciña anónima, porque seguimos crendo na forza da nosa comunidade rural.
Grazas a ti, persoas que viven soas poderán ter, por fin, un agasallo que abrir estas festas.
O ano pasado sorprendeunos ver que moitas persoas decidiron responder ás cartas que lles enviamos. Foi emocionante recibir esas respostas tan agarimosas e ver o agradecemento e a ilusión de quen, por un intre, se sentiu acompañada e lembrada. Estas cartas convertéronse nun intercambio moi especial que quedou no corazón de todos.
Comenta a túa experiencia! Se participaches o ano pasado, gustaríanos saber que foi o que máis che gustou de ALUMAR e se tes algunha idea para mellorar esta iniciativa. Quizais che gustaría suxerir un detalle especial ou algún cambio que penses que podería facer esta experiencia aínda máis inesquecible para quen recibe o agasallo. Calquera idea é benvida!
Se che apetece participar, contacta co CDR O Viso! Axudarás a que alguén agarde o Nadal coa ilusión coa que se espera a chegada do paporroibo.
Relanzamos esta campaña nun día moi especial porque hoxe é o 13 de Novembro e celebramos o Día Mundial da Bondade. José Miguel Valle Bilbao ten un ensaio titulado: “La bondad es el punto más elevado de la inteligencia” no que define a bondade como toda acción encamiñada a favorecer que o benestar e o benser comparezan na vida dos demais. Porque, entre outras cousas, facer o ben senta ben. A nosa disposición a axudar a quen o necesita dunha forma amable e xenerosa lévanos a artellar tempos e espazos nos que as persoas nos atopemos. É aí onde seguramente agroma a bondade.
Actuación enmarcada dentro do programa “Vou Contigo”, financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia na subvención destinada á realización de programas de interese social, con carga á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias