Noticias
© CDR O Viso | 28/10/2024 | Transporte adaptado
A Deputación subvenciona, un ano máis, o noso Proxecto integral de intervención comunitaria na comarca da Limia_Servizos de proximidade
Concesión no BOP do 23/07/2024
29/07/2024
A Deputación de Ourense outórganos, un ano máis, 15.000 euros de acordo coa Resolución do concurso público para a concesión de subvencións para proxectos de entidades sen animo de lucro para a atención a persoas con enfermidades crónicas, persoas con discapacidades ou familiares 2024
O proxecto do CDR é un proxecto de continuidade (dende o ano 1991); un proxecto integral de intervención, actualizado, co que pretendemos seguir achegando actuacións preventivas e de dinamización da comunidade aportando solucións innovadoras ás necesidades cotiás. Damos cobertura a moitas das necesidades da poboación limiá cun enfoque moi específico.
Este ano, e atendendo á convocatoria da Deputación o noso obxectivo xeral é seguir creando e coordinando unha rede de recursos e servizos de proximidade, complementarios ós recursos públicos atendendo ás particularidades e necesidades das persoas da nosa comunidade, que permitan a permanencia das persoas maiores con enfermidades crónicas, persoas con discapacidade e dependentes nos seus fogares o maior tempo posible e cunha maior calidade de vida combatendo a soidade e o illamento social.

Continuaremos e melloraremos a metodoloxía utilizada para o desenvolvemento do proxecto pero sempre baseándonos no modelo de Atención Integral Centrado na Persoa (AICP), no modelo de atención integral en saúde familiar e comunitaria (MAIS) e no modelo de desenvolvemento cultural comunitario (DDC). Todos eles teñen en común a centralización e personalización dos coidados, a validación e dignificación das persoas e a integralidade das accións encamiñadas a conseguir o maior grao de benestar e calidade de vida posible.
Para que as intervencións sexan realmente integrais debemos facer por estar atentos e atender ás necesidades deste colectivo e ós seus familiares. A partir de elas tentamos construír un proxecto estable e continuo a través de:
- Servizos de proximidade. Son recursos que garanten e cobren as necesidades mais básicas para a vida no fogar. Realízanse con carácter diario e baixo demanda segundo a súa natureza. Incluímos neste apartado xantares, servizos de hixiene e lavandaría, podoloxía, preparación de medicación, acompañamento a citas médicas, compras e trámites... Todo elo con carácter domiciliario ou no centro.
- Servizos de dinamización comunitaria para o fomento da autonomía e habilidades sociais. Alfabetización dixital, ximnasia, obradoiros de saúde e benestar, celebración de festas, saídas culturais, andainas pola natureza...Todas elas abertas a veciñanza e con carácter periódico para establecer unha verdadeira inclusión destas persoas na súa comunidade.
- Servizos de atención terapéutica no centro e no fogar. Atención centrada na persoa, facendo fincapé nas capacidades e na promoción da autonomía; rehabilitación físico- funcional, apoio emocional, obradoiros ocupacionais, estimulación sensorial e cognitiva. As intervencións fanse de acordo ao plan terapéutico que se desenvolve segundo os desexos e necesidades da persoa beneficiaria que participa no proxecto.
- Servizo de transporte adaptado.
- Servizos de integración sociolaboral. Asesoramento e acompañamento na procura de emprego, creación ou facilitar actividades formativas adaptadas aos intereses das persoas con discapacidade para mellorar habilidades e coñecementos, mediación con empresas para facer prácticas.
- Obradoiros ocupacionais nos que as persoas podan desenvolver as súas habilidades: xardinería, radio, e outras tarefas manuais. Teñen un carácter lúdico e distendido pero con eles afiánzanse os obxectivos terapéuticos establecidos.
- Visitas domiciliarias e telefónicas cas que brindar ás persoas máis illadas apoio e acompañamento. Persoas con mobilidade reducida que apenas saen das casas, con pouca rede de apoio e, en xeral, en risco de exclusión social poden recibir desta maneira visitas frecuentes que favorezan a sociabilidade e o benestar.
- Servizo de préstamo de produtos de apoio. Asesoramento e préstamo de produtos de apoio nos fogares para aumentar a independencia das persoas e facer máis seguros os fogares.
- Creación de espazos accesibles e inclusivos nos que toda persoa poda pasar un rato agradable en contacto ca natureza ou visitando lugares pintorescos.
- Actividades de sensibilización e reivindicación para a eliminación de barreiras arquitectónicas e mentais dirixidas á comunidade.

Agradecemos a valoración que se fai e os medios que posibilitan o noso traballo; o empeño permanente de adaptación e flexibilidade do proxecto para dar resposta ás necesidades das persoas e da comunidade en xeral. A innovación facendo o que as comunidades levan feito desde todos os tempos: coidarse, axudarse, apoiarse e cooperar en practicamente todos os aspectos vitais. A aposta pola calidade como proceso de cambio e busca permanente, por innovar facendo da mellora continua unha das nosas orientacións básicas.
O C.D.R. “O Viso” conta co certificado de xestión da calidade en base á norma UNE-EN ISO 9001:2015 aplicable ós servizos do Centro de Inclusión, Comedor Social e os destinados á prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal. Con esta certificación mantense o compromiso permanente de formación continua do persoal, a autoavaliación dos programas efectuados. A nosa experiencia xa aparece recollida na publicación da Xunta de Galicia na Estratexia Galega de Envellecemento Activo desde a Innovación 2016-2020.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias