Noticias
© CDR O Viso | 22/10/2024 | Biocoidados, Niñodaguia 1
No museo de Alfarería de Niñodaguia
Barro, auga, lume... e a sabedoría ancestral do cacharreiro = Arte
22/10/2024
É ben sabido que Freixo sempre destacou pola súa unión, unión que nos amosaron ao longo de moitos meses compartindo tardes coas súas veciñas e veciños. Trátase dunha comunidade que goza de fortes lazos e centos de anécdotas para contar como pobo.
Unha das historias que sempre relatan son as aventuras que vivían de mozos cando aínda tiñan que ir buscar auga ás fontes do monte e levala para casa en olas na cabeza, sen dúbida todo un arte compartido no rural galego.
Por iso, dende Biocoidados organizouse unha excursión ao museo de Alfarería de Niñodaguia, no que puideron contemplar unha exposición das distintas pezas de barro que hoxe están en desuso pero coas que eles están ben familiarizados.
Mónica foi a encargada de contarnos a historia dos “cacharreiros” de Niñodaguia e do seu barro, de alto contido en caolín, amosounos os cacharros típicos desa zona e o forno no que eran cocidos. O mellor desta iniciativa foi presenciar o intercambio de saberes entre a responsable do museo e os veciños de Freixo, que neste sentido tiñan moito que contar.
Ao rematar a visita pasamos ao taller, no que puidemos desfrutar da experiencia de facer coas nosas propias mans os “cacharros” de barro que máis nos gustaran, mentres presenciamos arredor da mesa de traballo a bonita amizade que seguen tendo os veciños deste pobo, que despois de 70 anos seguen compartindo momentos incribles xuntos que os reforzan como comunidade.
Estas accións enmárcanse no proxecto BIOCOIDADOS: NOVOS MODELOS DE COIDADOS PRESTADOS POLA COMUNIDADE, CENTRADOS NA PERSOA, EN CONTORNAS RURAIS, vinculado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, financiado pola Unión Europea - Next GenerationEU. Promovido pola Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER).

Arquivada en:
Infórmate > Noticias