Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 16/10/2024 | Cestas Concha 5

As cestas da Concha de Freixo

16/10/2024

Concha é unha muller de Freixo (Sarreaus) ...
Xa fai un tempo, dende o proxecto de Biocoidados animamos a que dúas persoas se coñeceran xa que nos decatamos de que compartían un gusto similar de facer traballos manuais. Despois de pasar moitas tardes xuntas no taller de Concha, aprendendo a facer esas cestas, apareceu unha nova conexión xa que a aprendiz se animou a facer de mestra. Lourdes forma parte dun dos talleres que se desenvolve semanalmente, o cal esta formado por participantes de Biocoidados. Así pois, alentámola a compartir cos seus compañeiros e compañeiras a aprendizaxe que recibiu de Concha.
En agradecemento á súa actuación, Concha, orgullosa de ver como as persoas se interesan en aprender algo que ela leva facendo toda a vida, quixo recoñecerlle o seu esforzo cun agasallo.
E dende o CDR O Viso, como mostra de gratitude por compartir e transmitir os seus saberes, queremos dar relevancia ó seu esforzo e dedicación, exaltando os seus dotes non só manuais senón tamén persoais, xa que Concha é....
Estas accións enmárcanse no proxecto BIOCOIDADOS: NOVOS MODELOS DE COIDADOS PRESTADOS POLA COMUNIDADE, CENTRADOS NA PERSOA, EN CONTORNAS RURAIS; está vinculado ao Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU. Promovido pola Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER).

 
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias