Noticias
© CDR O Viso | 02/10/2024 | Área de pediatría. Xinzo. Mural 4
A área de pediatría: un espazo máis coidado, educativo e familiar
"Racha coas Cadeas Dixitais"
02/10/2024 | Xinzo de Limia
O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso xunta forzas co Centro de Saúde de Xinzo de Limia para facer da súa área de pediatría un espazo máis coidado, educativo e familiar.
A través da campaña "Racha coas Cadeas Dixitais", buscamos reflexionar sobre o uso excesivo dos dispositivos móbiles, especialmente nos momentos de espera, e promover a volta ás relacións familiares, a exploración e o pracer compartido.
Velaquí a elegancia do silencio como comportamento fermoso, o agasallo co que a atención plena obsequia ós que a practican, a gran tarefa de aprendermos xuntos, de gozar destes momentos.
Estes días, presentamos un mural deseñado por Laura Aparicio que enche a área de pediatría de Xinzo dun ambiente natural onde os pequenos poden vivir aventuras e resolver retos divertidos.
Este proxecto non sería posible sen o apoio de Luís Antelo, pediatra recoñecido, a xefa de servizo do centro e Carlin Xinzo.
Grazas a todas as persoas que fixeron isto realidade!
A actividade está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia no marco da subvención para programas de interese social, grazas ao 0,7% do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias