Noticias
© Rede do Rural | 30/09/2024 | Cartel encuentro Lodoselo
Encontro da Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural en Lodoselo, no CDR
O sábado 26 de outubro
30/09/2024
Co título “ Coidados e acompañamento na comunidade e nun medio rural habitable” a Rede, sobre todo a Alicia, preparou unha xornada que pode ser ben interesante. https://www.rededorural.org/novas
Botádelle unha ollada á proposta e veredes a espectacularidade da mesma; só o encontro dos membros dos grupos de traballo da Rede do Rural xa é un regalo para todas e todos e que nós por ser neste noso espazo agradecemos especialmente. A isto temos que engadir a presenza, as palestras de Serafín González Prieto, membro do CSIC e Presidente da SGHN ou a de X.M Cid e Isabel Mociño, ex-decano e actual decana da Facultade de Educación e Traballo Social, de Ourense, Universidade de Vigo.
E a mostra de múltiples iniciativas de dinamización e desenvolvemento rural da comarca Limiá e doutras próximas e non tanto, que se desenvolven en todos os sectores socio educativos, culturais e produtivos. Unha considerable morea de testemuñas, de xente admirable, que son optimistas referencias:
- Da Comarca de Monterrei: "CDR Portas Abertas".
- Do Concello de A Mezquita, "Os Tres Reinos". Asociación que presta servizos a persoas en risco de exclusión social.
- De Vilar de Santos: "Arca da Noe", taberna cultural e comidas caseiras con produtos locais e ecolóxicos. "Lumecú", Mercedes Vieites; artesá, costureira do traxe tradicional galego, con marca propia. "Proxecto As mulleres con ás". "Faragullas", forno tradicional, elaboración de pan artesanal. "Aldo Super, sabor de aldea"; presentación do produto con degustación. Elaboración de chourizos caseiros con carne de produción ecolóxica. "Carabunhas". Produtos artesanais de sabugueiro, bebidas e galletas.
- De Allariz: "O Rexo, Ecoespazo", queixos ecolóxicos de leite de ovella. "Xeitura", xestión do Patrimonio Cultural. "Tralaleira", cooperativa de mulleres pola produción hortícola ecolóxica.
- De Manzaneda: "Amarelante". Sociedade cooperativa para a recuperación de soutos e elaboración de produtos derivados da castaña.
- De Trives: "Shiitake", producción ecolóxica de cogumelos
- "Teté Mareque". Proxecto de recuperación da lá de ovella galega autóctona, incluíndo a da granxa ecolóxica "A Ciruxana", de Xoán, Vilariño de Conso.
Tamén “Terra e Xente”, unión de Asociacións rurais. E “Arredor do Rural” : Comunidade de accións e saberes. Así coma outros colectivos e entidades dinamizadoras que desexen participar neste encontro; poderanse sumar a esta mostra, así como adherirse á Rede do Rural.
É necesario anotarse para termos unha previsión da xente que participe e axeitar os espazos, o café, xantar... O último día para a inscrición é o 21 de outubro.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias