Noticias
© COCEDER | 30/09/2024 | FSE+ cartel formación atención sociosanitaria
Coidar con profesionalidade e con amor é coidar mellor
Curso de Atención sociosanitaria en coidados ás persoas con necesidades de apoio en contornas comunitarias dentro dos Itinerarios Integrais contra o despoboamento rural.
30/09/2024
Unha comunidade que coida e se coida é unha comunidade viva, e cómpre ter xente formada coas competencias necesarias para dar a mellor atención posible sempre. Por isto, o CDR O Viso, da man de Coceder, vai incluír o curso de Atención sociosanitaria en coidados ás persoas con necesidades de apoio en contornas comunitarias dentro dos seus Itinerarios Integrais contra o despoboamento rural, no marco do Programa estatal FSE+ de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza. (2021é05sfpr003).
Formación e cualificación profesional en Atención sociosanitaria a persoas en situación de dependencia e/ou con discapacidade en institucións sociais axuda a que quen o necesite estea ben coidado e quen se forme teña moitas máis opcións de emprego.
+INFO: 988461571. Lembra chamar antes do 7 de outubro.
Esta formación é gratuíta e está cofinanciada polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, dentro dos programas de interese xeral, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF e a Fundación Mapfre.
O Programa Estatal FSE+ de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza (2021é05sfpr003) está cofinanciado pola Unión Europea para promover a inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social, a través do seu desenvolvemento persoal, social e laboral, e polo Programa Integral de Intervención Comunitaria no medio rural da Xunta de Galicia, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF e Imposto de Sociedades, xestionado pola Consellería de Política Social e Mocidade.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias