Accesibilidad

Noticias 

© GC | 19/09/2024 | GC Periodismo sustentable

Somos noticia no Galicia Confidencial

Coma un recuncho de esperanza nos que pequenos e maiores, xuntos en comunidade, loitan por manter viva a cultura das aldeas do rural

19/09/2024

Con data 24 de agosto Ángela Precedo publica no apartado Cultura do Galicia Confidencial a nova que titula, CDR O Viso, maiores e pequenos xuntos: "Non creamos nada novo, facemos o que nos ensinaron toda a vida, ser bos veciños" despois de entrevistar a Toño, voceiro e membro da Xunta Directiva do Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) O Viso, na parroquia de Lodoselo, no concello ourensán de Sarreaus, un lugar onde ese espírito de comunidade se ten moi en conta á hora de implementar todo tipo de programas.
https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/270191-cdr-viso-maiores-pequenos-creamos-novo-facemos-ensinaron-vida-ser-bos-vecinos
O Galicia Confidencial é un xornal galego que comezou a editarse en 2003 en formato blog. Foi fundado por Xurxo Salgado, xornalista que traballou en prensa, radio, televisión, gabinetes de prensa, axencias de noticias e Internet. Participou en varios proxectos de xornalismo electrónico. É o coordinador de GC.
GC é un dos xornais en galego de referencia, sendo un dos sitos web máis visitados en Galicia. No ano 2017, segundo a clasificación global de Alexa, Galicia Confidencial ocupaba o terceiro posto entre os xornais de Galicia, só superado polos sitios web de La Voz de Galicia e Faro de Vigo. (Wikipedia)
GCDiario é a versión en castelán de Galicia Confidencial, o diario electrónico en galego máis antigo na rede. GC leva informando ininterrompidamente dende o ano 2003 sendo o que máis audiencia ten entre os periódicos en lingua galega.
GC finánciase a través das aportacións dos seus lectores (subscricións e doazóns) e da publicidade.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias