Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 18/09/2024 | Santuario dos Milagres 2

Días de Romaría

Mantemos os costumes e as tradicións

18/09/2024

Chegou Setembro e con el unha das romarías máis coñecidas: A romaría dos Milagres de Baños de Molgas. Na nosa zona é costume visitar este santuario e para os nosos maiores unha data moi sinalada.
Trátase dunha actividade moi significativa porque entendemos que a espiritualidade ten moita importancia para algunhas persoas, e para as que non, sempre é unha oportunidade para compartir un café nun entorno tan especial.
Respectando a devoción, este tipo de actividades tamén son unha  celebración que axuda a impulsar a participación social e comunitaria.
Que sigamos desfrutando destas Romarías moitos anoa máis!
O programa Envellecemento Inclusivo e Activo no medio Rural, finánciase a través da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e o imposto de sociedades.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias