Noticias
© Irimia | 15/09/2024 | Romaxe 2024
Celebramos a Romaxe tendo moi presente o vínculo entre o coidado das persoas e da terra
15/09/2024 | Lodoselo
A xornada de onte, coa celebración da XLVI edición da Romaxe é destas... para non esquecer. Graciñas a todas as persoas que responderon a esta convocatoria que dende hai 46 anos está facendo a Asociación Irimia. E todas as persoas e institucións que a fixeron e seguen a facer posible. Neste caso ó Concello de Sarreaus, ó Concello de Xinzo, ó Inorde (Deputación de Ourense) que posibilitaron o punto de luz, o palco, as carpas; a Protección Civil de Sarreaus; Á IXP Pataca de Galicia polas patacas e ó Víctor ( Restaurante A de Torino) que nos preparou o “mellor petisco das 46 edicións que se levan feito”; á Xunta Directiva do CDR O Viso que xunto con algunhas persoas coma o José Antonio e o Rubén, a María...; ás persoas que tan ben interpretaron os papeis da celebración (O Xabi como guieiro; o Jose da Civitas Limicorum como Décimo Xuño Bruto; a Maribel, o Toño e a Sabela como veciñxs; a Pili como muller de aldea; a José Ramón como Mateo e Fina como María Magdalena. Ós gaiteiros do pobo. E a todas e todos os Romeiros pola participación. Sen esquecer A Quenlla que coa súa música e as letras tan sabiamente introducidas polo Mero axudan a encontrar na propia loita a esencia do que significa vivir.
Vivimos momentos ben gozosos, o mesmo documento da celebración (graciñas a Manolo Regal) e as participacións. Anexamos o que leu a nosa Lucía, a presidenta do CDR, cando lles contou tan maxistralmente (vaia periodista!) un día na vida do CDR. Non o podedes perder!

https://www.cdroviso.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=download&f=2024-9/15-22-44-20.admin.Texto_Luca_Romaxe.docx
Tendo en conta a estimación da xente que fixeron os de Protección Civil polos autobuses que chegaron de A Coruña, Ferrol, Santiago e Taboadela (Ourense), o microbús e os máis de 35 coches particulares que eles dirixiton cara os espazos programados para aparcar e os datos que nós tiñamos da xente de por aquí... estamos a falar de máis de 400 persoas

Dende a primeira Romaxe de crentes galegas e galegos, Irimia sempre reivindicou e denunciou as situacións sociais que se dan no país, así como apoiou e puxo en valor as pingas de choiva que en cada lugar coidan da Terra. Este ano quixo facer fincapé nun pensamento coidadoso: non decidir nunca polos demais. A comunidade ao servizo da comunidade. Apoiando iniciativas de axuda mutua entre a veciñanza. O coidarme, coidarte, coidarnos como xeito de ser e estar no noso medio.
A primeira Romaxe naceu a carón do Pedregal de Irimia, e foi percorrendo diferentes lugares de Galicia. Dende entón, a Asociación Irimia camiña participando en iniciativas a prol do noso país, así como editando unha revista dispoñible online (www.irimia.gal).

Arquivada en:
Infórmate > Noticias